Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
UNS SEISCENTOS ESCOLARES DA CIDADE PARTICIPARON EN ACTIVIDADES DO PROGRAMA MUNICIPAL "AULA ITINERANTE MEDIOAMBIENTAL-REDE NATURA 2020"
Alumnado de dez centros de ensino da cidade implicouse nesta convocatoria, amosando un gran interese pola temática abordada, tal e como indicou o concelleiro de Medio Ambiente, Santiago Galego
Narón, 26 de abril de 2021. A concellería de Medio Ambiente, presidida polo edil Santiago Galego, organizou o programa Aula Itinerante Medioambiental-Rede Natura 2000 que se desenvolveu durante un mes en dez centros de ensino da cidade. Unhas seiscentas alumnas e alumnos de vinte e catro aulas participou na convocatoria que, en conxunto, supuxo impartir dezaseis charlas, dúas vía telemática e catorce con carácter presencial. Galego agradeceu a implicación das rapazas e rapaces que se implicaron neste proxecto, de cuarto, quinto e sexto de Primaria dos colexios Jorge Juan, Ayala, Piñeiros, Ponte de Xuvia, Virxe do Mar, O Feal, A Solaina, A Gándara e Santiago Apóstol e tamén de terceiro do Colexio Rural Agrupado do Val. “O obxectivo desta convocatoria é dar a coñecer que é a Rede Natura 2000, que espazos abrangue en Galicia e especialmente no noso concello e, ao mesmo tempo, fomentar o coñecemento da biodiversidade que nos rodea no noso día a día”, explicou o edil de Medio Ambiente. A primeira das charlas, tal e como apuntou Galego, centrouse máis nos contidos teóricos, informando ao alumnado sobre a creación desta lexislación e figura, a denominación dos diferentes espazos en función do interese e importancia da fauna e flora silvestre que habitan neles, que supón ter unha zona protexida dentro desa normativa para a cidadanía europea e, neste caso concreto, do Concello de Narón… A continuación levouse a cabo unha segunda parte, máis dinámica e na que o alumnado se interrelacionou co relator das charlas, que lles presentou mediante imaxes e explicacións o traballo de campo que se realiza sobre a fauna e a flora silvestre. “A medida que se impartían as sesións puidemos comprobar o gran interese que amosaba o alumnado por esta temática, tanto a nivel xeral como centrándose no territorio local, en Narón, donde se localizan espazos protexidos como Lugares de Interese Comunitaria (LIC), Zonas de Especial Protección de Aves (ZEPA) e Zonas de Especial Protección dos Valores Naturais (ZEPVN). “Dende o Concello estamos moi satisfeitos co resultado do programa Aula Itinerante Medioambiental-Rede Natura 2020, ao que debido ao interese amosado trataremos de dar continuidade para profundizar nos contidos xa abordados nas aulas cos escolares da cidade”, asegurou Galego. A maiores das charlas, tal e como indicou o edil, ofreceuse aos centros a posibilidade de expoñer durante uns días material informativo desta campaña sobre a flora e a fauna que se localiza nas zonas protexidas de Narón, unha iniciativa á que xa se acolleron varios colexios da cidade. Esta actividade da “Aula itinerante marítimo costeira” enmárcase no proxecto “Narón aberto ao mar”. Unha iniciativa que se leva a cabo dende o Concello ao abeiro das Estratexias de Desenvolvemento Local Participativo (EDLP) aprobadas pola Consellería do Mar aos grupos de acción local do sector pesqueiro (GALP) no marco do FEMP.

<<< Decembro 2022 >>>

LMMXVSD
  1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19 20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
www.naron.es