Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
PUBLICADAS AS LISTAXES PROVISIONAIS DE NOVA ADMISIÓN DE NENAS E NENOS NAS TRES ESCOLAS INFANTÍS MUNICIPAIS
A concelleira de Ensino, Mercedes Taibo, anunciou que se establece un prazo de dez días hábiles, contados dende mañá, para presentar reclamacións no caso de consideralo oportuno
Narón, 3 de maio de 2020. O Concello publicou na páxina web municipal a listaxe provisional de admitidos nas tres escolas infantís municipais, que se pode consultar a través do enlace: http://www.naron.es/web/cat/gal/concello/escuelas_infantis/. A concelleira de Ensino, Mercedes Taibo, indicou que dende hoxe se establece un prazo de dez días hábiles para que as persoas que o consideren poidan presentar reclamacións no Rexistro municipal. As listaxes poden tamén consultarse chamando ao Servizo Sociocomunitario Municipal, ao teléfono 981 337 700 (extensións: 1108, 1109 e 1111) ou aos propios centros: A Solaina (647 472 047); Piñeiros (647 472 119 ou A Gándara (981 397 232), ao non poder acceder ás escolas infantís debido aos actuais protocolos de prevención da Covid-19. En total, rexistráronse 114 peticións, das que obtiveron provisionalmente praza 101 nalgunha das escolas, tras realizarse a pertinente valoración. No que respecta aos menores nados este ano concedéronse 13 prazas, das que cinco son para as instalacións da Solaina, e das oito restantes catro para A Gándara e outras tantas para Piñeiros. Así mesmo, no caso dos menores de 1 a 2 anos, adxudicáronse provisionalmente 47 vacantes: 22 na escola infantil da Gándara; 13 na da Solaina e 12 en Piñeiros, quedando sen praza 13 menores e, por último, nos menores de 2 a 3 anos adxudicáronse 41 prazas: 15 na Gándara; 14 na Solaina e as 12 restantes en Piñeiros. A concelleira de Ensino explicou que unha vez finalizado o prazo de presentación de reclamacións estudarase cada unha delas para proceder a elaborar as listaxes definitivas de menores admitidos nas Escolas Infantís Municipais. No momento en que se publiquen as listaxes definitivas establecerase o prazo de formalización das matrículas do curso 2021-2022.

<<< Outubro 2022 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17 18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
www.naron.es