Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
PRESENTACIÓN DA 18ª EDICIÓN DO CICLO "TEMPO DE MUSICA"
O local de A Picota (O Couto) acollerá os concertos do 18 de outubro ó 6 de decembro
Narón, 14 de Outubro de 2009.- O Concelleiro de Cultura de Narón, Guillermo Sánchez Fojo, e o presidente da Asociación de Veciños de O Couto, Anselmo Beceiro, presentaron hoxe en rolda de prensa a 18ª edición do ciclo “Tempo de Música”, que se celebrará entre o 18 de outubro e o 6 de decembro. Tódalas actuacións terán lugar os domingos ás 18:00 horas, no local social de A Picota (O Couto), que este ano ampliou o seu aforo ata chegar a 230 localidades. A entrada é de balde. O calendario de actuacións previstas é o seguinte: 18 de outubro: Cuarteto “Moriatov” (A Coruña) 25 de outubro: Coral “P. Xolda 3ª Edad” (Lugo) e Coral “Agustín González Louro” (Muros, A Coruña) 1 de novembro: Grupo de Metales de Santa Icía (Ferrol) 8 de novembro: Rondalla de Mulleres “Santa Uxía de Mandiá” e Proxecto Vocal “Concerto Tempo” (ambos de Ferrol) 15 de novembro: Sons “A Cappella” e Coral “Airiños da Capela” (ambas de A Capela, A Coruña) 22 de novembro: Coral Municipal “Atalaia de Laxe” (Laxe, A Coruña) e Coral “Virxe do Mar de Cedeira” (Cedeira, A Coruña) 29 de novembro: Coral “A Lembranza 3ª Edad” (Sada, A Coruña) e Coral Polifónica “Eixil de Cedeira” (Cedeira, A Coruña) 6 de decembro: “Xove Banda de Narón” e Coral “Amistade da AVV. O Couto” (ambas de Narón, A Coruña) “Tempo de Música” naceu no ano 1992, como iniciativa por parte da Asociación de Veciños do Couto, presidida naquel entón por Paula López Braxe. Actualmente este ciclo musical conta co patrocinio do Padroado de Cultura do Concello de Narón, e a colaboración da Deputación de A Coruña e a Federación Coral Galega.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal