Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN NUN RELATORIO SOBRE "OS PRODUTOS DA COLMEA" QUE SE CELEBRARÁ NO VAL
Os edís de Promoción Económica, David Pita, e Medio Ambiente, Santiago Galego, presentaron o evento co presidente da asociación Terra Rendible, Manuel Fernández
Narón, 2 de xullo de 2021. Os edís de Promoción Económica e Medio Ambiente, David Pita e Santiago Galego, respectivamente, presentaron esta mañá co presidente da Asociación Agroforestal Terra Rendible, Manuel Fernández, o relatorio “Os produtos da colmea", de iniciación a la apicultura, que terá lugar o vindeiro 10 de xullo nas inmediacións do local social do Val. A técnica da Casa do Mel de Goente (As Pontes), Isabel Goti, será a persoa encargada de impartir o relatorio, que se desenvolverá entre as 10.00 e as 13.00 horas. Os edís naroneses agradeceron a colaboración de Terra Rendible. Sobre o curso, Pita recalcou que é unha oportunidade “para iniciarse no mundo da apicultura” e asegurou que desde a área de Promoción Económica se convoca este evento “para todas aquelas persoas interesadas en coñecer as posibilidades que ofrece o rural, a explotación dos recursos existentes e a diversificación”. Pola súa banda, o presidente de Terra Rendible agradeceu a implicación do Concello na convocatoria e divulgación das posibilidades que ofrece o sector primario. “Unha delas é o mundo das abellas, moi importante porque en certa medida o feito de que poidamos seguir habitando neste planeta depende delas”. Así mesmo destacou o valor de produtos como o mel ou a xalea que, tal e como avanzou, se poderán degustar tralo relatorio e o coloquio posterior. “O mundo das abellas está ameazado pola presenza das velutinas e todo o que sexa recuperar camiño é no para todos”, recalcou. A maiores, dende Terra Rendible tamén se destacou que este curso pode representar unha oportunidade para impulsar iniciativas que dean un valor engadido ás aproximadamente 300 hectáreas que ten Narón en espazos de Rede Natura. Finalmente, o concelleiro de Medio Ambiente destacou a importancia de promocionar o sector primario e o autoconsumo, “así como dar a coñecer o traballo de produtores a nivel profesional e destacar a importancia das abellas e da polinización”. O curso dará comezo ás 10.00 horas co relatorio “Os produtos da colmea”, a cargo de Isabel Goti e tras unha pausa das 11.30, sobre as 12.00 horas dará comezo o coloquio e ás 12.30 a cata de mel. A xornada rematará, segundo as previsións, ás 13.00 horas. En total haberá 50 prazas e as persoas que desexen inscribirse –de balde- poden facelo a través do correo electrónico: terrarendible@gmail.com. As prazas deste relatorio organizado polo Concello en colaboración con Terra Rendible concederanse por rigorosa orde de inscrición. Dende o Concello animaron á veciñanza a participar neste evento.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal