Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
PRETO DE 370 NENAS E NENOS PARTICIPARON ESTE ANO NO PROGRAMA CONCILIAVERÁN E NOS CAMPAMENTOS DE VERÁN
O Concello e o Padroado da Cultura organizaron estas iniciativas, encamiñadas a facilitar a conciliación da vida familiar e laboral durante o verán
Narón, 6 de setembro de 2021. Un total de 369 menores da cidade participaron este ano nas iniciativas de conciliación impulsadas dende o Concello e o Padroado da Cultura de Narón. As edís de Ensino, Mercedes Taibo, e Igualdade, Mar Gómez, desprazáronse a pasada semana ao colexio da Gándara para despedir a rapazas e rapaces que participaron este ano no programa municipal “ConciliaVerán”. As concelleiras interesáronse ante os menores polas actividades que se desenvolveron a través deste programa, para coñecer de primeira man a súa opinión ao respecto e preguntáronlles se tiñan algunha preferencia de cara a vindeiras edicións do mesmo. “ConciliaVerán" dirixiuse a menores nados entre 2009 e 2017 empadroados no Concello –ou escolarizados nalgún centro de ensino da cidade- e cos dous membros parentais traballando. “Un ano máis ofrecemos este programa para axudar ás familias a conciliar a súa vida laboral e familiar, cunha proposta que constaba de noventa prazas, das se ocuparon 73 e con cinco quendas entre os meses de xuño e setembro”, apuntou Mar Gómez. Dende o pasado 28 de xuño ata o pasado venres esas quendas distribuíronse en semanas, de luns a venres, e contemplaba tamén servizo de madrugadores a primeira hora da mañá e servizo de acompañamento ata a recollida ao mediodía. “As nenas e nenos que participaron, algúns deles en varias quendas por dispoñibilidade de prazas, tiveron a oportunidade de realizar unha gran variedade de actividades lúdicas e educativas, compartindo un tempo de lecer no que a diversión e a aprendizaxe foron da man, como sempre tratamos de facer neste tipo de programas”, destacou Taibo. As concelleiras naronesas conversaron a pasada semana cos menores sobre igualdade e ecoloxía e valoraron as opinións que realizaron do “ConciliaVerán”, animándoos a participar nas diferentes iniciativas impulsadas dende o Concello para o colectivo. Así mesmo, o Padroado da Cultura organizou tamén este ano unha nova edición dos Campamentos de Verán no Pazo da Cultura, aos que entre o 5 de xullo e o 13 de agosto se levaron a cabo nas citadas instalacións e aos que acudiron, tal e como indicou o edil de Cultura, Guillermo Sánchez Fojo, 296 menores de entre 3 e 12 anos. “As quendas foron dunha semana e esgotáronse todas as prazas ofertadas en prácticamente todas as quendas ao completarse o 99,6% das dispoñibles en total”, asegurou o edil naronés. As rapazas e rapaces que acudiron a estes campamentos participaron en diversas actividades, como baile, manualidades, xogos, e incluso algunha pequena excursión pola zona, tendo tamén tempo para as actividades formativas e outras programadas ao aire libre para fomentar a práctica deportiva e o coñecemento dalgúns puntos da cidade. Os campamentos impartíronse entre as 8.00 e as 14.00 horas de luns a venres.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal