Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN NAS ACTIVIDADES PERMANENTES DA BIBLIOTECA E NO CURSO 2021-2022 DA LUDOTECA MUNICIPAL DA SOLAINA
A concelleira de Bibliotecas, Mercedes Taibo, informou sobre a apertura do prazo de inscrición nas actividades da Biblioteca e tamén no novo curso da Ludoteca municipal
Narón, 8 de setembro de 2021. A Biblioteca municipal de Narón retomará o vindeiro mes de outubro as actividades permanentes, abrindo nas vindeiras semanas o prazo de inscrición nas mesmas. Así o anunciou a concelleira responsable da área, Mercedes Taibo, que indicou que o luns 13 de setembro as persoas que desexen acudir ás sesións do Club de Lectura feminista poderán inscribirse a partir das 9.30 horas –presencial ou telefonicamente chamando ao 981 382 173- na actividade, para a que se ofertan doce prazas que se outorgarán por orde de inscrición. Esta actividade consiste en dúas xuntanzas ao mes nas que as persoas participantes coñecerán, reflexionarán e compartirán diferentes cuestións dende unha perspectiva feminista a través da lectura de varias autoras. Diríxese a persoas maiores de 18 anos co carné da Rede de Bibliotecas e como novidade este ano a primeira sesión de cada mes será por videochamada e a segunda presencial. Tamén se retomará o Club de Lectura para persoas adultas, podendo inscribirse dende o 20 de setembro ás 9.30 horas –tamén presencialmente ou por teléfono-, ofertándose doce prazas. Ao igual que o Club de lectura feminista, diríxese a maiores de 18 anos con carné da Rede de Bibliotecas aínda que neste caso do Club de lectura para persoas adultas haberá xuntanzas mensuais, presenciais, para comentar lecturas comúns. O mesmo día no que se abre a inscrición as persoas con praza poderán levar a primeira das lecturas, que se comentará na primeira sesión, o martes 19 de outubro de 19.00 a 20.30 horas. Outra das opcións son as Clases de español para persoas estranxeiras, un servizo que se desenvolve todos os xoves, de 19.30 a 21.00 horas e con dez prazas dispoñibles. As persoas interesadas en acudir poden anotarse a partir do luns 27 de setembro ás 16.00 horas, presencialmente o chamando ao número de teléfono da Biblioteca. As Mesas de conversa en inglés retomaranse tamén en outubro, abríndose o prazo de inscrición o 29 de setembro para as primeiras sesións do trimestre, que terán lugar o luns 4 de outubro. A participación é libre e de balde, polo que cada persoa terá que reservar praza para cada día que queira asistir, abríndose o prazo para cada luns o mércores anterior ás 9.30 horas. As Mesas de conversa en inglés desenvolveranse todos os luns en dúas sesións: de 17.15 a 18.15 ou de 18.15 a 19.15 horas. A concelleira de Bibliotecas anunciou tamén a apertura do prazo de matrícula para inscribirse no curso 2021-2022 da Ludoteca municipal da Solaina. Taibo explicou que xa se poden anotar de 19.00 a 20.00 horas –atención ao público- nas quendas establecidas: os luns, mércores e venres de 16.00 a 19.00 horas; os martes e xoves de 16.00 a 19.00 ou os venres de 16.00 a 18.00 horas. A Ludoteca municipal ofrece os seus servizos a familias con menores de 3 a 12 anos e terán prioridade as usuarias e usuarios que se inscriban a tempo completo na opción elixida das tres dispoñibles. As persoas que desexen máis información poden desprazarse ao centro de luns a venres, no horario de atención ao público, escribir un correo electrónico á dirección: ludoteca@naron.es ou chamar ao número de teléfono 981 389 284.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal