Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO COLABORA COA ASOCIACIÓN DIABÉTICOS FERROLTERRA NO PROGRAMA "OS CAMIÑOS DA DIABETES"
As concelleiras de Turismo, Natalia Hermida, e Benestar Social, Catalina García, presentaron a iniciativa xunto co presidente da Asociación Diabéticos Ferrolterra, José Manuel García
Narón, 8 de setembro de 2021. As edís de Turismo, Natalia Hermida, e Benestar Social, Catalina García, presentaron esta mañá xunto co presidente da Asociación Diabéticos Ferrolterra, José Manuel García, o programa “Os Camiños da Diabetes”, organizado con motivo do Xacobeo 2021. A iniciativa, cun total de sesenta prazas –unha vintena para cada fin de semana- dará comezo este sábado e permitirá aos participantes recibir a Compostelana tras percorrer cen quilómetros do Camiño de Santiago. O presidente da Asociación de Diabéticos Ferrolterra explicou que o sábado partirán de Piñeiros ás 8.00 horas en bus cara ao punto de partida do primeiro tramo, en Lourenzá, dende donde se dirixirán a Mondoñedo, para pernoctar e saír o domingo ata Abadín. A segunda fin de semana (18 e 19 de setembro), indicou, sairán de novo dende Narón camiño de Sarria para ir a Portomarín e partir o domingo cara a Palas de Rei e a última fin de semana (25 e 26 de setembro) o colectivo irá en bus ata Caldas de Reis para ir a Pontecesures e rematar o programa en Compostela o domingo. “Nestas tres fins de semana consecutivas percorreremos tramos do Camiño Francés, o Camiño do Norte e o Portugués”, explicou José Manuel García. Así mesmo, subliñou que nas xornadas dos sábados se realizarán tamén actividades de sensibilización para identificar os síntomas da diabetes e a importancia de previr esta enfermidade con hábitos de vida saudables e tamén se programou algunha actuación nocturna –maxia, jazz…- con grupos de cada zona. Os participantes percorrerán a pé tramos do Camiño dos concellos de Lourenzá, Mondoñedo, Abadín, Sarria, Portomarín, Palas de Rei, Caldas de Reis e Pontecesures ata chegar a Compostela e estarán acompañados por profesionais que irán destacando os lugares de interese medioambiental e patrimonial. O Concello colabora con este proxecto da Asociación Diabéticos Ferrolterra –con sede na cidade-, subvencionado pola administración autonómica. As edís naronesas felicitaron á asociación por este proxecto, incidindo en que se trata “dunha proposta moi interesante e moi completa pola súa repercusión económica e, ao mesmo tempo, pola difusión do traballo da asociación e a promoción de propostas culturais”. Así mesmo, agradeceron o labor que desenvolven ao longo do ano e amosaron a súa satisfacción polo feito que unha entidade como a Asociación Diabéticos Ferrolterra teña a súa sede na cidade.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal