Asistiron a maioría dos 21 concelleiros daquela época.
Narón, 23 de Novembro de 2009.- A Corporación Municipal de Narón celebrou hoxe a festividade local deste municipio cun acto de homenaxe ós integrantes da primeira corporación democrática, constituída no ano 1979 sendo alcalde Antonio Martínez Aneiros.
O actual Alcalde de Narón, Jose Manuel Blanco, presidíu un acto no que se descubríu unha praca cos nomes dos membros desa corporación, formada por 18 homes e 3 mulleres en representación de seis partidos políticos. (Adxúntase os nomes desa corporación municipal). Os portavoces de cada un deles tomaron a palabra para reivindicar o espíritu colectivo e a identidade que tense consolidado ó longo das últimas décadas neste municipio.
Precisamente nese sentido foron as verbas do alcalde, Jose Manuel Blanco, quen calificou coma unha honra celebrar hoxe este acto en lembranza da primeira corporación democrática constituída en Narón o 19 de Abril de 1979. Quero facer un recoñecemento público expreso a aqueles concelleiros e concelleiras que fixeron posible o que hoxe é Narón, declarou o rexedor apuntando que pasados trinta anos, esta cidade mantén a súa ilusión por medrar e convertirse nun referente para toda Galicia, Nos non quixemos deixar nada fora senón construir sobre o que xa estaba feito, recalcou Blanco.
Mirando cara ó futuro, o Alcalde asegurou que Narón ten que afrontar con firmeza os retos dunha nova sociedade, creando políticas positivas, eficaces e eficientes. Traballamos para difundir a participación cidadá, a creación de novos espacios verdes e de ocio, e para seguir sendo un concello moderno e de progreso, indicou.
Antes da súa intervención, tomaron a palabra os portavoces da corporación demócratica de 1979, entre eles os ex alcaldes Antonio Martínez Aneiros e Xoán Gato ambos pertencentes a Unidade Galega- os cales agradeceron ó Concello a convocatoria deste acto en homenaxe á democracia.
Daquela corporación, formada por 21 concelleiros, asistiron hoxe ó Concello un total de 16 membros.
CORPORACIÓN DEMOCRÁTICA DE 1979
Agrupación Libre Independente
Jorge Fontela López
Unidade Galega
Antonio Martínez Aneiros
Mercedes Piñeiro Cabalo
Manuel Méndez Batán
Juan Gato Díaz
Alfredo Grandal Yañez
Francisco Sanesteban y Veiga
José Montero Embade
Partido Comunista de Galicia
Rosario Alabau Albors
Rafael Bescos Couceiro
José R. Suárez Feal
Partido Socialista Obrero Español
Jesús Mª García López
Juan L. Dapena Cagiao
José A. Moreira Seco
Coalición Democrática
Jesus Blanco Martínez
Placido Pantín Doce
Unión de Centro Democrático
Severino Teijeiro Fraga
Juan Enrique Sedes Casal
Guillermo Sanz Salgado
Mª del Carmen Fernández Merlán
Juan José Vila Pena