Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
PRESENTADOS NO CONCELLO OS ACTOS EN CONMEMORACIÓN DO 15 DE OUTUBRO, DÍA INTERNACIONAL DA CONCIENCIACIÓN DA MORTE XESTACIONAL OU PERINATAL
Na placa colocada nas inmediacións do teixo, especie que simboliza a eternidade, pódese ler unha mensaxe dirixida ás familias en memoria de todos os/as bebés que morreron durante a xestación, o parto ou ao pouco de nacer
Narón, 13 de outubro de 2021. O concelleiro de Sanidade, Santiago Galego, e as representantes da asociación Bolboretas no Ceo Norte, Almudena Rodríguez, presidenta, Beatriz Brage, vicepresidenta, e Fátima González, secretaria, presentaron esta mañá os actos conmemorativos do Día Internacional da concienciación da morte xestacional ou perinatal, que se desenvolverán o vindeiro venres 15 de outubro. No cemiterio municipal, ás 12.00 horas, levarase a cabo unha ofrenda floral ao pé da árbore, un teixo, que recorda o obxectivo de visibilizar o duelo traumático que sofren as familias que perden un fillo ou filla durante a etapa xestacional ou perinatal e a necesidade de reducir o tabú social que aínda pesa sobre estas perdas, moitas veces incomprendidas, e promover a empatía nas institucións e na sociedade. Xunto a esta árbore, as familias que sufrisen unha morte xestacional ou perinatal poderán colocar pequenas pedras co nome das súas fillas e fillos falecidos durante o embarazo o parto ou ao pouco tempo de nacer. Neste acto procederase á lectura dun Manifesto e ao acendido de velas led en memoria dos bebés falecidos/as. Asimesmo, o Concello iluminará a rotonda de Freixeiro nesa data coas cores rosa e azul. O concelleiro de Sanidade destacou o traballo que realiza a asociación durante todo o ano coas familias que pasan por esas dolorosas circunstancias axudando a paliar na medida do posible as duras vivencias que poden repercutir gravemente na saúde psicolóxica das persoas que sofren un duelo moi difícil, quizáis imposible de superar, pero co que deben convivir, e ao que se suma a incomprensión da sociedade en moitas ocasións.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal