Está dirixido a pais e nais, que poden inscribirse na EIM de A Gándara
Narón, 4 de Decembro de 2009.- A Concellería de Infancia de Narón, dirixida por Miguel Hermida, organizará na Escola Infantil Municipal (EIM) de A Gándara un curso de primeiros auxilios para bebés e nenos/as, de 10 horas de duración, en colaboración coa Cruz Roja. Terá lugar os días 9, 10, 11, 16 e 17 de Decembro en clases de duas horas- e poderán asistir os proxenitores de nenos escolarizados neste centro, pero tamén está aberto á participación do resto de pais e nais con fillos en idade infantil.
No curso haberá 20 prazas dispoñibles, e as inscripcións poden realizarse na propia Escola Infantil de A Gándara, ou ben nos Servizos Sociais do Concello (situados no 1º andar). Trátase dunha experiencia pionera na atencións ós máis pequenos e tamén ás súas familias, xa que con esta formación estamos a ofrecerlles uns coñecementos que poden chegar a salvar vidas, declarou o edil de Infancia, Miguel Hermida.
O obxectivo principal do curso é proporcional os coñecementos máis elementais para aprender a prevenir accidentes, aplicar procedementos e técnicas axeitadas en autoprotección e soporte ós primeiros auxilios, e identificar e resolver situacións de urxencia vital.
O programa do curso de Primeiros auxilios para bebés e nenos é o seguinte:
1. Características especiais na atención a nenos.
2. Cadena de supervivencia.
3. Pautas de actuación ante unha situación de emerxencia.
4. Paro cardiorrespiratorio en pediatría.
5. Valoración: triángulo de valoración pediátrica.
6. Soporte vital básico. Algoritmo universal, adecuación para bebé e nenos. Secuencia de actuación. Posición lateral de seguridade.
7. Exploración secundaria.
8. Primeiros auxilios ante:
Obstrucción por vía aérea por corpo extraño
Hemorraxias e shock
Feridas
Quemaduras
Traumatismos
Patoloxías pediátricas máis frecuentes