Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A BIBLIOTECA ACOLLE A EXPOSICION "CRÓNICAS DA REPRESIÓN LINGÜÍSTICA"
Pódese visitar nos baixos da Biblioteca ata o dia 18 de decembro
Narón, 4 de Decembro de 2009.- O Concelleiro de Cultura de Narón, Guillermo Sánchez Fojo, inaugurou hoxe na sala de exposicións da Biblioteca Municipal do Alto a mostra “Crónica da represión lingüística. Galicia 1936”, patrocinada pola Deputación da Coruña en colaboración co Concello de Narón. No acto estivo presente tamén o deputado provincial Xoán Manuel Sande Muñiz, ademáis de representantes da Corporación Municipal de Narón. Segundo explicou o Concelleiro de Cultura, esta exposición pode visitarse ata o vindeiro 18 de decembro, de luns a venres en horario de mañá e tarde (de 10 a 13 horas, e de 17 a 20 horas) e os sábados pola mañá, nos baixos da Biblioteca. “Para o Concello de Narón estar hoxe aquí é unha honra porque se algo nos diferencia dos demáis como país é a lingua”, indicou. O Edil lembrou que o Concello ten aprobada dende o ano 1992 unha ordenanza de normalización lingüística e que fai dous anos amplióuna coa creación dun servizo específico sobre a materia, situado no 5º andar do Concello. Sanchez Fojo finalizou expresando o seu desexo de que “nunca se perda a língua nai, porque é a que mantén a nosa identidade como pobo”, dixo. “Crónica da represión lingüística” está a percorrer 14 concellos da provincia de A Coruña, entre eles o de Narón, cunha montaxe formada por 16 paneis informativos e un vídeo que recolle a testemuña de persoas que viviron aquela época. A este respecto, o deputado provincial Xoán Manuel Sande engadiu que “é bo que a xente vea e coñeza que o galego foi unha lingua reprimida, a única língua que sufríu unha represión en España durante o franquismo”. Finalmente, o encargado de recoller todo o traballo informativo e convertilo nesta exposición, Xan Leira, declarou que a intención da exposición é “documentar cientificamente este momento histórico, comprendido entre 1936 e 1975, para que a xente reflexione sobre o papel dos galegos e do idioma galego no mundo”, concluíu.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal