Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO COLABORA COA ASOCIACIÓN DE VECIÑOS "OS IRMANDIÑOS" NA ORGANIZACIÓN DA "TROULA DO VAL"
A entidade veciñal organizou unha xornada gastronómica e musical que se desenvolverá pola tarde no pavillón polideportivo do Val, tal e como indicou o concelleiro de Deportes, José Oreona
Narón, 4 de novembro de 2021. A Asociación de Veciños “Os Irmandiños”, do Val, organizou para este sábado o evento “Troula no Val”, unha convocatoria que conta coa colaboración, entre outros, do Concello de Narón. A cita será a partir das 19.00 horas no pavillón polideportivo da parroquia e contará cun apartado gastronómico e outro musical. As persoas que se acheguen poderán degustar o bocata “Imus Val”, de longaniza, por catro euros, ou comer o “pincho Sinde”, por tres euros, a base de liscos e pan. A recadación destinarase a favor da Sociedade Deportiva O Val, tal e como indicaron dende a organización, facilitando tamén un número de conta con Fila 0, para aquelas persoas que desexen colaborar: o ES10 0081 2204 4400 0126 7332. No que respecta ao apartado musical, haberá unha actuación en directo, a cargo de Macarena Tejada. A maiores, as persoas que acodan terán tamén a oportunidade de participar en xogos e entrar no sorteo de agasallos.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal