Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A ALCALDESA E O EDIL DE FACENDA AVANZARON ESTA SEMANA NA ELABORACIÓN DOS ORZAMENTOS MUNICIPAIS DE 2022
Marián Ferreiro e Román Romero mantiveron varias xuntanzas para avanzar na elaboración do documento contable que, tal e como indicou a alcaldesa, se prevé aprobar este mesmo ano
Narón, 6 de novembro de 2021. A alcaldesa, Marián Ferreiro, e o concelleiro de Facenda, Román Romero, mantiveron varias xuntanzas ao longo desta semana para avanzar na elaboración do documento contable do vindeiro ano. A rexedora local avanzou que “un ano máis serán uns orzamentos que terán moi presente a atención ás persoas, sendo esta a prioridade das contas municipais, e que tamén incluirán importantes partidas para seguir avanzando en materia de accesibilidade, eficiencia enerxética, melloras en infraestruturas e a dotación de servizos, entre outros”. A alcaldesa asegurou que “nas últimas semanas mantivemos varias xuntanzas e estamos ultimando xa o documento contable, perfilando todas as partidas das diferentes áreas de goberno co fin de poder someter os orzamentos a aprobación plenaria antes de finais de ano para que poidan entrar en vigor o vindeiro 1 de xaneiro”. Ferreiro destacou o traballo que se está realizando dende todas as concellerías para “tratar de axustar ao máximo as partidas co fin de ofrecer ás nosas veciñas e veciños uns orzamentos centrados nas persoas, consensuando dende o equipo de goberno as prioridades nesa atención e tamén nos investimentos que se desenvolverán de cara ao ano 2022”. A rexedora local avanzou que “os impostos municipais continuarán conxelados o vindeiro ano, tal e como vimos facendo nos últimos exercicios” e destacou o feito de que “ao non ter o Concello de Narón débeda bancaria contamos cunhas contas moi saneadas, o que é tamén moi importante para manter a estabilidade financieira”. O orzamento municipal atópase, polo tanto, na fase final de elaboración, estando todos os integrantes do equipo de goberno volcados en pechar á maior brevidade as contas das súas respectivas áreas para “nas vindeiras semanas, a medida que se perfilen e pechen os últimos detalles, poder presentar as partidas concretas do orzamento do vindeiro ano”, tal e como apuntou Ferreiro.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal