Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
PRETO DE 800 ESCOLARES DE TRECE CENTROS DE ENSINO ACUDIRON ESTA SEMANA Á "37ª MOSTRA DE TEATRO INFANTIL E XUVENIL"
Os espectáculos desenvolveranse ata o vindeiro mes de decembro no Pazo da Cultura, nas Escolas Infantís Municipais e na aula de Infantil do CPR Santiago Apóstol
Narón, 7 de novembro de 2021. Un total de 790 escolares de educación Infantil (de 3 a 5 anos) de sete centros de ensino de Narón e seis doutros concellos da comarca acudiron esta semana á 37ª Mostra de Teatro Infantil e Xuvenil (MOTIX) organizada dende o Padroado da Cultura de Narón, en colaboración coa Deputación da Coruña. Os menores acudiron ao espectáculo “De aquí para alá”, de Lydia Botana, que se programou en varias quendas, os días 2, 3, 4 e 5, no Auditorio municipal. As alumnas e alumnas dos colexios naroneses da Solaina, Santiago Apóstol, Ponte de Xuvia, Piñeiros, Virxe do Mar, O Feal e tamén do GOA San José (Pontedeume), Centieiras e Xunqueira (Fene), Juan de Lángara (Ferrol), e Unión Mugardesa (Mugardos) foron os primeiros en asistir a esta nova edición da Mostra de Teatro Infantil e Xuvenil, que continuará desenvolvéndose ata o vindeiro mes de decembro. A programación seguirá a vindeira semana, concretamente o martes e o mércores, no Pazo da Cultura. Ata alí desprazarase alumnado de terceiro e cuarto curso da ESO e primeiro e segundo de Bacharelato para ver a obra “Me llamo Suleimán”, da compañía Unahoramenos Producciones. O día 9 haberá dous pases, ás 10.00 e ás 12.00, para alumnado do IES Trasancos, Santiago Apóstol, Jorge Juan e do CPI do Feal, de Narón e para o da Xunqueira, o centro de Catabois (Ferrol) e o de Saúde Mental Ferrol. O día 10 será o turno, ás 10.00 horas, do alumnado dos centros Carvalho Calero (Ferrol), IES As Telleiras e Saúde Mental Ferrol. A temática desta obra xira en torno á emigración clandestina entre América e España. A peza é unha adaptación teatral da novela homónima escrita por Antonio Lozano, que conta a historia de Suleimán, un neno que farto da situación de pobreza que vive o seu país, Mali, marcha co seu amigo Musa cara á próspera Europa. Asistirán como espectadores un total de 952 escolares de Narón e comarca. As representacións da MOTIX continuarán este mes, os días 16 e 17, coa compañía Culturactiva, que trae a Narón a obra “Rosalía” para alumnado de quinto e sexto de Primaria e primeiro e segundo curso da ESO de centros de ensino de Narón e comarca. As citas no Pazo rematarán cos espectáculos desta mostra que se poderán ver os días 24, 25 e 26, a cargo de Ghazafelhos, coa obra “Pinocho”. Neste caso os espectadores serán menores de primeiro e cuarto curso de Primaria de colexios de Narón e comarca (Ferrol, Neda, Mugardos, Fene e Monfero). O alumnado de educación Infantil é o destinatario das últimas sesións da MOTIX, que se levarán a cabo nos propios centros e que correrán a cargo da compañía Teatro ao Cubo, coa obra “Nube, nube, sol”. O día 30 a representación será na escola infantil municipal de Piñeiros, o 1 de decembro na da Solaina, o 2 na da Gándara e o 3 de decembro será no CPR Santiago Apóstol. É un espectáculo pensado para achegar á primeira infancia a maxia dos ciclos da natureza e a importancia da choiva para que todo medre.

<<< Febreiro 2023 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13 14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
 
Eventos do Concello
www.naron.es