Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ODEÓN DONA 1.000 EUROS AO CENTRO DE RECURSOS SOLIDARIOS DE NARÓN DENTRO DO PROGRAMA DE ACTOS PARA CELEBRAR O 19º ANIVERSARIO DA SÚA APERTURA
A alcaldesa, Marián Ferreiro, e a edil de Benestar Social, Catalina García, participaron no acto xunto coa xerente de Odeón, Cristina Imaz, e o presidente da Asociación Centro de Recursos Solidarios de Narón, José Manuel González
Narón, 19 de novembro de 2021.- A xerente de Odeón, Cristina Imaz, entregou esta mañá á alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, un cheque por valor de 1.000¤ con destino ao Centro de Recursos Solidarios (CRS) de Narón. O donativo foi á súa vez recibido polo presidente desta asociación, José Manuel González, nas instalacións que ocupa a entidade (Avenida do Mar, 115) cuxa propiedade é municipal. Ao acto asistiu tamén a concelleira de Benestar Social de Narón, Catalina García. Esta doazón realízase con motivo do 19º aniversario de Odeón, que abriu as súas portas por primeira vez o 20 de novembro de 2002. Dentro do programa de actos deseñado para celebrar esta data, inclúese tamén o espectáculo ‘Meet and greet’ protagonizado pola abella Maya e o seu amigo Willy, quen cantarán e bailarán cos nenos ‘O baile das abellas’. Haberá oito pases en total, cun aforo de 30 familias en cada un. O venres, de 17 a 21 horas (3 pases), o sábado de 12 a 14 horas (2 pases) e de 17 a 21 horas (3 pases). A entrada é gratuíta, previa inscrición na recepción do propio evento.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal