Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
UNHA UNIDADE MÓBIL PARA A DOAZÓN DE SANGUE DESPRAZARASE A VINDEIRA SEMANA Á CIDADE
O luns 22 e o mércores 24 o vehículo estará nas inmediacións do novo centro de saúde e na xornada do martes 23 xunto á Praza da Constitución, na Solaina
Narón, 20 de novembro de 2021. Unha unidade móbil da Axencia para a Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) permanecerá durante tres días da vindeira semana na cidade. Na xornada do luns 22 o vehículo localizarase nas inmediacións do novo centro de saúde, en horario de 9.30 a 14.30 e dende as 15.30 ata as 21.00. O martes 23 a unidade móbil estacionará nas inmediacións da Praza da Constitución, na Solaina, donde o persoal da mesma estará operativo entre as 15.30 e as 21.00 horas. Finalmente, o mércores 24 o vehículo estará novamente ao carón do novo centro de saúde, en horario de 15.30 a 21.00. Antes da doazón é preciso almorzar e no caso de xantar, deberán agardar dúas horas para realizar a extracción. Antes de doar haberá que presentar ao persoal da unidade móbil a tarxeta de doazón, o DNI ou algún documento similar e informar no caso de que se estea tomando algún medicamento. Poden acudir a doar as persoas maiores de 18 anos e que pesen máis de 50 quilos.

<<< Febreiro 2023 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13 14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
 
Eventos do Concello
www.naron.es