Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO INCORPORARÁ NOS VINDEIROS DÍAS TRES NOVOS TRACTORES PARA INTENSIFICAR DURANTE TODO O ANO OS TRBALLOS DE DESBROCE E LIMPEZA DE PARCELAS MUNICIPAIS
A alcaldesa, Marián Ferreiro, e o edil de Servizos, Ibán Santalla, desprazáronse ao muíño de Pedroso para ver os novos vehículos
Narón, 27 de novembro de 2021. As melloras do plego do novo contrato de recollida de Residuos Sólidos Urbáns e Limpeza Viaria continúan aplicándose na labor que desenvolven os operarios da compañía adxudicararia do servizo. Nos vindeiros días comezarán a traballar os tres novos tractores que realizarán tarefas de desbroce, entre outras, e que se suman aos dous que están actualmente levando a cabo esas tarefas no termo municipal. A alcaldesa, Marián Ferreiro, e o edil de Servizos, Ibán Santalla, desprazáronse á zona do muíño de Pedroso, para ver os novos tractores e reunirse co xerente da concesionaria do Servizo, Nemesio Fernández, da empresa Urbaser, e representantes da firma na que se adquiriron os vehículos e o equipamento, entre outros. Ferreiro subliñou que “a empresa adquiriu estes tres tractores, equipados coas últimas tecnoloxías e que permitirán axilizar os traballos de desbroce e limpeza viaria na zona rural”. Ao respecto, indicou que “se ata agora cos dous tractores que estaban limpando habitualmente pasaban cada tres meses e medio aproximadamente por cada parroquia, está previsto que agora o fagan cada dous”. A rexedora local explicou que “xa están deseñadas as rutas para cada un dos vehículos, que traballarán de luns a sábado durante todo o ano en horario de mañá e, se fose preciso, na tempada de primaveira e verán intensificaranse as xornadas, co fin de previr incendios forestais no período de maior risco de propagación do lume”. En canto aos tractores, destacouse a potencia dos mesmos, dous de 160 cabalos e equipados cada un cunha desbrozadora de 7,10 metros de longo e cunha cabeza de desbroce de 1,80 metros. Así mesmo, o terceiro tractor adquirido ten 180 cabalos de potencia e dispón dun cazo que permitirá retirar material de vertedoiros incontrolados en puntos da zona rural donde non poden acceder outros vehículos e cunha desbrozadora de arrastre de dous metros de ancho, para limpar en pistas rurais e parcelas municipais. “No novo contrato de recollida de RSU e limpeza viaria –por un importe duns 30 millóns de euros para os vindeiros dez anos- quixemos incorporar, e así o fixemos, unha serie de melloras que consideramos prioritarias para manter a nosa cidade, tanto a zona urbana como a rural, nas mellores condicións de limpeza posibles”, apuntou Ferreiro. A maiores da incorporación destes tres tractores tamén se está levando a cabo xa a limpeza viaria nos tres polígonos industriais da cidade, que antes se facía de xeito puntual pero que pasou a incorporarse ao contrato coa adxudicataria e agora se fai tres días por semana e se incorporou a primeira barredoira eléctrica, menos contaminante. A instalación de novos contenedores de recollida de lixo, que xa están chegando á cidade, a implantación do contenedor marrón para a quinta fracción e a habilitación de puntos limpos de proximidade están tamén entre as melloras do novo contrato que se irán aplicando nos vindeiros meses. “A modernización do servizo é fundamental para poder atender en condicións as necesidades da cidade e nesa liña continuamos traballando”, recalcou Ferreiro.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal