Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
Á VENDA AS ENTRADAS PARA O CONCERTO DO VIOLINISTA ARA MALIKIAN NO PAZO DA CULTURA
O concerto terá lugar o vindeiro 7 de xaneiro e as entradas poden adquirirse na billeteira do Pazo ou na web do Padroado da Cultura
Narón, 13 de decembro de 2021. O violinista de orixe libanés e afincado en Madrid Ara Malikian regresará de novo ao escenario do Pazo da Cultura de Narón, donde presentará o seu último espectáculo, “Ara”, no marco da xira “Ara Malikian World Tour”. A cita será o vindeiro 7 de xaneiro ás 20.30 horas e producirase tan só unhas semanas despois de que o prestixioso violinista presentase este traballo no Carnegie Hall de Nova York, donde iniciou esta xira mundial. O novo disco, segundo explicou o propio Malikian, xurdiu tras pasar horas de confinamento xunto co seu fillo, de sete anos, un tempo no creceron xuntos e que reflicte no seu traballo con sons e melodías inspiradas no seu fillo e na vida en xeral. As entradas poden adquirirse dende hoxe na billeteira do Pazo ou na web do Padroado da Cultura –www.padroadodecultura.es- a un prezo de 58 euros no patio de butacas; 52 euros na platea 1 e 48 euros na platea 2. O despacho de billetes do Pazo permanece operativo de luns a sábados entre as 9.30 e as 14.00 e de 17.00 a 20.30 e os domingos e festivos unha hora antes do comezo do espectáculo. Formado en prestixiosos centros, Malikian obtivo numerosos galardóns a nivel internacional, donde se recoñeceu o seu gran traballo. Este virtuoso do violín, cun talento excepcional para tocar este instrumento musical por todo o mundo, coñeceu de primeira man as dificultades ata chegar ao éxito, participou tamén en bandas sonoras de películas dirixidas polo cineasta español Pedro Almodóvar e colaborou con grupos e artistas como Extremoduro, ou o bailarín Joaquín Cortés, entre outros. A súa anterior actuación no Pazo da Cultura tivo lugar no ano 2017, para presentar “La increíble gira del violín”, un rotundo éxito de público cun cheo total na cidade.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal