Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A ALCALDESA MANTIVO UNHA REUNIÓN CON REPRESENTANTES DA SAREB TRALA ORDE DE DESAFIUZAMENTO DE QUINCE FAMILIAS DUN EDIFICIO DE PIÑEIROS
Marián Ferreiro mantivo unha reunión telemática con tres directivos do departamento xurídico e de relacións institucionais da Sareb
Narón, 15 de decembro de 2021. A alcaldesa, Marián Ferreiro, mantivo esta mañá unha reunión vía telemática con tres directivos do departamento xurídico e de relacións institucionais da Sociedade de Xestión de Activos Procedentes da Reestructuración Bancaria (Sareb) co fin de abordar o problema derivado da orde de desafiuzamento –paralizada provisionalmente polo Xulgado de Instrucción número 1 de Ferrol- de quince familias que viven nunha promoción de vivendas da Praza do Asilo, na parroquia de Piñeiros. A rexedora local asegurou que “tal e como nos comprometemos hai unhas semanas coas veciñas e veciños que residen neses inmobles, concertamos a reunión celebrada hoxe e na que dende a Sareb se nos amosou a vontade de aclarar a situación e chegar a un acordo satisfactorio para as partes implicadas”. Na reunión deste mediodía os representantes da Sareb trasladaron á alcaldesa a situación actual e a importancia de dialogar entre as partes e entregar a documentación que acredite a legalidade dos seus contratos de alugueiro. A alcaldesa comprometeuse a trasladar aos afectados a información da reunión co fin de que dende a Sareb poidan estudar caso por caso, comprobando a validez dos contratos e facilitando os inquilinos a documentación pertinente no xulgado. Ferreiro asegurou que “dende o Concello colaboraremos en todo canto sexa preciso dentro das nosas competencias para solventar esta situación que atravesan quince familias da cidade que descoñecían neste caso que os inmobles nos que residen pertencen actualmente ao Sareb”. A alcaldesa agradeceu a disposición da Sareb para dialogar coas persoas afectadas e reiterou o respaldo do Concello ao colectivo dos afectados quedando á súa disposición para colaborar na procura dunha solución ao problema.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal