Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO ENTREGOU VALES PARA ADQUISICIÓN DE AGASALLOS DE NADAL A UN CENTENAR DE FAMILIAS DA CIDADE
A edil de Benestar Social, Catalina García, recordou que a iniciativa se dirixiu a familias vulnerables da cidade con fillas e fillos de entre 0 e 16 anos
Narón, 23 de decembro de 2021. A concelleira de Benestar Social, Catalina García, indicou que un total de 104 familias da cidade recibiron axudas para a adquisición de agasallos de Nadal a través da convocatoria realizada dende o Concello. A edil naronesa recordou que se trata “da entrega dun vale por importe de 60 euros que se pode presentar nos establecementos comerciais da cidade que acepten este medio de pago á hora de adquirir os artículos que soliciten as persoas que o entregan”. García explicou que esta convocatoria se dirixiu a familias vulnerables de Narón, con fillos menores de entre 0 e 16 anos, podendo recibir “un vale de 60 euros por cada menor”. A concelleira apuntou que a través desta iniciativa se pretende que ningún neno ou nena da cidade quede sen un agasallo de Nadal por falta de recursos. A edil agradeceu a colaboración da Asociación de Comerciantes de Narón e do Centro Comercial Odeón, dende donde facilitaron un listado con establecementos comerciais que participan nesta campaña. Unha copia dese listado entregóuselles tamén ás familias no momento da concesión do vale para que poidan realizar alí as súas compras. Moda e complementos, alimentación, óptica, xogueterías, perfumerías, decoración e agasallos, hipermercados, librarías, fotografía… son algunhas das opcións entre as que poderán elixir á hora de canxear os bonos entregados polo Concello. “Deste xeito, a maiores de axudar ás familias vulnerables, tamén fomentamos as compras nos establecementos comerciais da cidade, apoiando ao sector dende o Concello”, apuntou García.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal