Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A ALCALDESA ASINOU CONVENIOS CON ENTIDADES E CLUBS POR UN IMPORTE CONXUNTO DE 183.500 EUROS
Marián Ferreiro rubricou os acordos cos presidentes e presidentas de entidades das áreas de Acción Social, Deportes, Sanidade e Promoción Económica
Narón, 29 de decembro de 2021. A alcaldesa, Marián Ferreiro, asinou convenios con entidades deportivas, sanitarias, de promoción económica e de acción social por un importe conxunto que ascende a 183.500 euros. A rexedora local rubricou cos presidentes e presidentas de once entidades os acordos que consolidan a continuidade da acción das mesmas no termo municipal a través de diferentes programas e actividades dirixidas ás veciñas e veciños de Narón. Os convenios da área de Acción Social asináronse cos representantes de Saúde Mental Ferrol, Eume e Ortegal, a Asociación de Pais de Nenos con Minusvalía (Aspanemi), a Asociación Patronato Concepción Arenal e a Fundación Ingada. Na área de Deportes os acordos rubricáronse cos representantes da Sociedade Deportiva O Val, o Club Cidade de Narón, o Club Deportivo Narón e a Escola Superior de Kárate de Narón. Así mesmo, no ámbito sanitario, recibiron achegas económicas do Concello a través dos convenios a Asociación Galega de Trasplantados de Médula Ósea (Asotrame), a Asociación Exalcohólicos Ferrolterra e a Asociación Española Contra o Cancro. Finalmente, na área de Promoción Económica Ferreiro asinou o convenio coa Asociación Agroforestal Terra Rendible. “Dende o goberno local continuamos respaldando o labor que desempeñan nas diferentes áreas entidades e clubs locais, traballando conxuntamente para seguir ofrecendo ás nosas veciñas e veciños os mellores servizos e atención, mantendo o noso compromiso como administración e colaborando económicamente na medida do posible”, apuntou Ferreiro.

<<< Decembro 2022 >>>

LMMXVSD
  1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19 20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
www.naron.es