Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO RETRANSMITIRÁ VÍA STREAMING A FASE FINAL DAS "III OLIMPÍADAS ESCOLARES DE SEGURIDADE VIARIA"
Alumnas e alumnos de nove centros de ensino da cidade participarán na convocatoria, que se desenvolverá no Pazo da Cultura
Narón, 11 de xaneiro de 2022. O Pazo da Cultura acollerá mañá a fase final da terceira edición das Olimpíadas Escolares de Seguridade Viaria e o acto de entrega de premios. A convocatoria desenvolverase entre as 10.00 e as 12.00 horas e retransmitirase vía streaming a través do enlace: https://youtu.be/ly08-xhQ110. Máis de trescentos alumnos e alumnas de cuarto e quinto de Primaria de nove centros de ensino da cidade participaron nesta edición das olimpíadas, que se iniciaron o pasado mes de outubro. Na fase final que se celebrará mañá grupos de seis participantes de cada centro realizarán ao mesmo tempo un cuestionario de trinta preguntas tipo test. O resultado do test sumarase á puntuación obtida nas dúas fases anteriores, a teórica nas aulas e a práctica da gincana para determinar ao alumnado do centro gañador desta edición.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal