Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
UNHA UNIDADE MÓBIL PARA A DOAZÓN DE SANGUE ESTARÁ MAÑÁ OPERATIVA NAS INMEDIACIÓNS DA PRAZA DA GÁNDARA
A unidade estará operativa en horario de mañá e tarde, de 9.30 a 14.30 e dende as 15.30 ata as 21.00 horas
Narón, 31 de xaneiro de 2022. Unha unidade móbil da Axencia para a Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) desprazarase mañá á cidade, estando operativa de 9.30 a 14.30 e dende as 15.30 ata as 21.00 horas na Praza da Gándara (rúa Pintor Sotomaior), segundo avanzaron dende ADOS. Antes da doazón é preciso almorzar e no caso de xantar, deberán agardar dúas horas para realizar a extracción. Antes de doar haberá que presentar ao persoal da unidade móbil a tarxeta de doazón, o DNI ou algún documento similar e informar no caso de que se estea tomando algún medicamento. Poden acudir a doar as persoas maiores de 18 anos e que pesen máis de 50 quilos.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal