Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O PAZO ACOLLERÁ ESTA FIN DE SEMANA AS COMEDIAS "FESTEJEN LA BROMA", CON JOAQUÍN REYES, E "TARZÁN"
As entradas dispoñibles poden adquirirse no despacho de billetes do Pazo ou na web do Padroado da Cultura
Narón, 31 de xaneiro de 2022. O cómico Joaquín Reyes protagonizará este venres, día 4, no Pazo da Cultura a comedia “Festejen la broma”. A compañía Tertulia Producción trae a Narón este espectáculo, de algo máis dunha hora de duración e que dará comezo ás 20.30 horas. O prezo das entradas é de 24 euros no patio de butacas; de 20 no primeiro anfiteatro e de 18 euros no segundo anfiteatro, podendo adquirirse no despacho de billetes do Pazo ou na web do Padroado da Cultura: www.padroadodecultura.es. Joaquín Reyes presentará no Pazo un espectáculo de humor preparado con gran esmero para deleite do seu público e daquelas persoas que desexen acudir para desfrutar dun humor intelixente. Reyes mantén a frescura do seu inicio na profesión, botando man da ironía, ideas “relocas” e cantigas nihilistas. Na xornada do domingo, día 6, será o turno do público familiar e infantil, coa comedia “Tarzán”, de Mar Mar Teatro. Ás 18.00 horas, no Pazo da Cultura, poderase ver este espectáculo, dunha hora de duración e que fará que o público viva un novo día de caza na selva africana. Entre tantos ruxidos, de súpeto chega o silencio que interrompe o pranto dun neno, ao que se achegan os grandes monos e curiosos e que decide adoptar Kala, a quen lle morrera recentemente a súa cría. Despois de 25 anos, Lord Greystcke VIII, un nobre inglés, liberou aos animais do zoo da cidade e tentará convencer a un psicoanalista de que aquel recentemente nado era el.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal