Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
CAMBIO DE TITULAR NA CONCELLERIA DE OBRAS DO CONCELLO DE NARON
Carlos Díaz Ramil deixa a acta de concelleiro por motivos profesionais, e será sustituido por Rafael Rivas, ambos do Partido Popular.
Narón, 26 de Xaneiro de 2010.- O ata agora concelleiro do Partido Popular de Narón e edil de Obras no Concello, Carlos Díaz Ramil, presentou onte no Rexistro Municipal a súa renuncia a continuar na vida política, por cuestións profesionais. Hoxe ofreceu unha rolda de prensa na que estivo acompañado pola Tenente de Alcalde, Angeles Díaz Pardo, e polo que será o seu sustituto ó frente da delegación de Obras, Rafael Rivas Grandal. A súa nova ocupación laboral non permitirá a Carlos Díaz Ramil continuar coa súa labor ó frente da Concellería de Obras, tal e como él mesmo sinalou hoxe. “O meu problema é que a adicación que require esta concellería non a teño, debido ó meu traballo profesional”, declarou. O ex-concelleiro agradeceu ós compañeiros do seu partido o apoio incondicional ó seu traballo e deulle a noraboa a Rafael Rivas, do que destacou a súa importante traxectoria na política –sendo concelleiro durante 8 anos- e tamén na parroquia de O Val, onde foi vicepresidente da Asociación de Veciños, tesoreiro do clube de fútbol e vocal da Cooperativa do Val. Pola súa banda, a Tenente de Alcalde, Angeles Díaz, resaltou a valía profesional e persoal do seu compañeiro de partido, destacando “o bo compañeiro que foi e o traballo que fixo na súa concellería”, poñendo coma exemplos o seu compromiso coas obras de construcción do Centro de Maiores de Vosa –cun prazo de execución determinado, por mor das subvencións concedidas- e coa ponte de Feve nas vivendas de A Mariña -solventando o corte temporal do tráfico chegando a un acordo cos taxistas para desprazar tódolos días ós veciños dun lugar a outro-. “Iso é o que debe facer un concelleiro, dar solución ós problemas dos veciños”, declarou. Finalmente, o edil entrante, Rafael Rivas (que ocupou o nº6 na candidatura do PP de Narón) tan só agradeceu a Carlos Ramil a súa labor na Concellería de Obras, da cal se fará cargo, sinalando que “agardo facelo tan ben coma ti”. A renuncia de Carlos Díaz Ramil farase oficial no pleno ordinario que terá lugar o xoves 28 de xaneiro ás 19 horas no Concello. A toma de posesión do novo concelleiro, Rafael Rivas, podería producirse no pleno do mes de febreiro, logo de que a Xunta Electoral Central teña coñecemento deste cambio e envíe a credencial correspondente.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal