Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A ALCALDESA PRESIDIU HOXE COA SUBDELEGADA DO GOBERNO NA CORUÑA A REUNIÓN DA XUNTA LOCAL DE SEGURIDADE
Marián Ferreiro trasladou a María Rivas a necesidade de reforzar a presenza policial nos barrios de A Gándara e Xuvia
Narón, 1 de febreiro de 2022. A alcaldesa, Marián Ferreiro, presidiu esta mañá no Concello xunto coa subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, a reunión da Xunta Local de Seguridade. A convocatoria deu comezo ás 11.30 horas e na mesma estiveron tamén presentes a vicesecretaria xeral da delegación do Goberno na Coruña, Eva Vázquez, o comisario xefe da Comisaría de Ferrol-Narón, Javier María de Loresecha, o inspector xefe da Comisaría de Ferrol-Narón, José Ramón Santiago, a xefa do Servizo Contra a Violencia sobre a Muller, María Isabel Álvarez e, en representación do Concello, o concelleiro de Seguridade Cidadá, Román Romero, o edil do PSOE Santiago Galego, e os voceiros do PP, Germán Castrillón, e do BNG, Olaia Ledo, o xefe da Policía Local de Narón, Eduardo Pita, e o secretario do Concello, Alfonso de Prado. Un dos temas que a alcaldesa trasladou no transcurso da xuntanza foi a necesidade de reforzar a presencia policial nas zonas de A Gándara e Xuvia tralos últimos incidentes que tiveron lugar neses barrios. Ferreiro reuniuse onte pola tarde cunha representación veciñal de Xuvia, á que trasladou que tanto na xuntanza mantida onte co novo comisario xefe da Comisaría de Ferrol-Narón, José María de Loresecha, como na de hoxe coa subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, se solicitaba o reforzo do control policial. Así mesmo, a subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, e a alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, acordaron impulsar a coordinación entre a Policía Local e a Policía Nacional para avanzar na seguridade de Narón. O entendemento foi froito da boa sintonía mostrada durante a xunta local de seguridade do Concello. En canto aos datos concretos de Narón, dende a subdelegación do Goberno na Coruña indicouse que mostran unha cifras similares ás do ano 2019, xusto antes do inicio da pandemia. O obxectivo agora é unha redución deses datos. Tanto a subdelegada do Goberno como a alcaldesa buscan baixar a taxa de criminalidade, para o que impulsarán a cooperación entre administracións. O único aumento destacado é o vinculado á cibercriminalidade, da mesma maneira que sucede no resto de concellos do Estado, polo que as Forzas de Seguridade farán un esforzo especial neste ámbito. María Rivas e Marián Ferreiro acordaron tamén constituír a Mesa de Coordinación Interinstitucional contra a Violencia de Xénero, emprazándose para nova reunión para abordar esta iniciativa. Trátase dun organismo que busca abordar a situación do Concello, con 64 casos activos no sistema de protección ás vítimas de violencia de xénero. A meta é a máxima protección acompañada por prevención e un tratamento integral dos casos.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal