Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
AMPLIADO O PRAZO DE INSCRICIÓN NUN CURSO DE "EXPERTO PROFESIONAL EN COMERCIALIZACIÓN DE PRODUTOS DE PESCA E ACUICULTURA"
As persoas que desexen matricularse poden facelo ata o vindeiro mércores, día 9, incluído, tal e como apuntou o edil de Promoción Económica, David Pita
Narón, 7 de febreiro de 2022. O edil de Promoción Económica, David Pita, anunciou a ampliación do prazo de inscrición nun curso de “Experto Profesional en Comercialización de Produtos de Pesca e Acuicultura”, enmarcado no proxecto “Narón emprende en azul”. Trátase dunha proposta impulsada en colaboración co Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP) e a Consellería do Mar da Xunta de Galicia a través do Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro Golfo Ártabro Norte e que tamén conta co respaldo da UNED. As persoas que queiran anotarse poden aínda facelo dende mañá ata o mércores ás 23.59 horas a través da Sede Electrónica do Concello ou o Rexistro municipal, tal e como avanzou Pita. O alumnado que remate esta acción formativa obterá un diploma de “Experto Profesional en Comercialización de Produtos de Pesca e Acuicultura”. Os módulos abordarán temas como o funcionamento da cadea pesqueira, a seguridade alimentaria, a trazabilidade e o etiquetado, a sostibilidade, marketing e comunicación e tamén, entre outros, aspectos fiscais ou laborais, tal e como indicaron dende a organización. En total impartiranse 400 horas ata o vindeiro mes de xuño, podendo obter 16 créditos e quince persoas que cumpran os requisitos estipulados poden solicitar o 100% da bolsa para realizalo. O curso diríxese a profesionais do sector da pesca e comercialización e tamén a todas aquelas persoas que desexen encamiñar a súa actividade profesional cara a este sector. Para máis información sobre este curso pódese contactar co Concello, chamando ao número de teléfono 981 337 700 (extensión 1204).

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal