Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO FAI UN CHAMAMENTO ÁS PARTES EN CONFLICTO PARA SOLUCIONAR A FOLGA NAS INSTALACIÓNS DEPORTIVAS
O Alcalde, a Concelleira de Deportes e os portavoces municipais reuníronse cunha representación dos traballadores.
Narón, 26 de Xaneiro de 2010.- O Alcalde de Narón, Jose Manuel Blanco, a Concelleira de Deportes, Natalia Hermida, e os portavoces dos grupos políticos municipais (Terra Galega, PP, PSOE, e BNG) mantiveron hoxe unha xuntanza no Concello cunha representación dos traballadores das instalacións deportivas públicas. Este colectivo iniciou un calendario de movilizacións para conquerir un convenio que homologue as condicións laborais dos preto de 3.000 traballadores que o integran, que dignifique os seus salarios e garanta unha xornada de traballo que lles permita conciliar a vida laboral e persoal. Os representantes sindicais de CIG e UXT explicaron ós voceiros municipais a situación actual na que se atopan, e dende o Concello se lles lembrou que está plenamente vixente o acordo plenario do 30 de decembro de 2009 no que se expresa a solidariedade do Concello de Narón coas suas demandas. Dende o Concello de Narón realizouse hoxe un chamamento ás partes en conflicto para que intensifiquen as negociacións e procuren chegar a un acordo, en beneficio dos traballadores, da actividade deportiva e dos propios usuarios das instalacións. Finalmente, se notificará á empresa que xestiona as instalacións deportivas municipais que o Concello executará as sancións que correspondan, e incluso revisará o contrato que regula as condicións administrativas deste servizo, no caso de manterse a folga.

<<< Outubro 2022 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17 18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
www.naron.es