Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO ADQUIRIU UN NOVO VEHÍCULO PARA AMPLIAR O PARQUE MÓBIL DA POLICÍA LOCAL
A alcaldesa, Marián Ferreiro, presentou o vehículo xunto co edil de Seguridade Cidadá, Román Romero, e o xefe da Policía Local, Eduardo Pita
Narón, 24 de febreiro de 2022. A alcaldesa, Marián Ferreiro, e o edil de Seguridade Cidadá, Román Romero, presentaron esta mañá o novo vehículo adquirido polo Concello para ampliar o parque móbil da Policía Local. No acto estiveron tamén presentes, entre outros, o xefe da Policía Local da cidade, Eduardo Pita, e representantes do concesionario no que se adquiriu o turismo. “Continuamos ampliando o parque móbil da Policía Local, para ofrecer cada día un mellor servizo á cidadanía”, explicou Ferreiro, que avanzou que “hoxe mesmo comezará a circular polas rúas da cidade, reforzando a seguridade cidadá”, explicou Ferreiro. A rexedora local indicou que se trata dun modelo Ford Kuga Hybrid, no que o Concello investiu 40.000 euros para dotalo de etilómetro, e o equipamento preciso para atender casos de detencións –asientos posteriores doutro material, cinturóns especiais, mampara, sen apertura de ventás dende as portas traseiras, sen manillas nas portas traseiras…). O parque móbil da Policía Local de Narón queda actualmente integrado por un total de nove vehículos.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal