Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
APROBACION INICIAL DA ORDENANZA REGULADORA DA ADMINISTRACION ELECTRÓNICA DO CONCELLO
A Corporación Municipal aceptou en Pleno a renuncia do concelleiro de Obras, Carlos Díaz Ramil.
Narón, 28 de Xaneiro de 2010.- A Corporación Municipal de Narón celebrou esta tarde o pleno ordinario no que se aprobou inicialmente a Ordenanza Reguladora da Administración Electrónica do Concello de Narón. Esta ordenanza foi elaborada atendendo á Lei 11/2007 do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns ós servizos públicos, e recoñece o dereito dos cidadáns a relacionarse coas administracións públicas por medios electrónicos. O Concello de Narón, en base a esa lei, pretende impulsar o uso das técnicas electrónicas na actividade administrativa municipal e nas relacións cos cidadáns co fin de prestar un mellor servizo á cidadanía. A nova ordenanza municipal asegura a disponibilidade, o acceso, a integridade, a confidencialidade e a conservación dos datos e informacións que se xestionen durante a aplicación da mesma. O canal principal para poner en práctica a administración electrónica será a web municipal (www.naron.es) a través da cal se poderán realizar diversos procedementos administrativos empregando para elo a firma electrónica e incluso o DNI electrónico. A administración municipal fará pública a seguinte información: os acordos dos órganos de goberno, as ordenanzas municipais, o presuposto municipal e as memorias de xestión, as figuras do planeamento urbanístico, os anuncios de información pública, os procedementos de contratación administrativa, os procedementos de concesión de subvencións, os procedementos de selección de persoal, e os impresos e formularios dos trámites e procedementos municipais. O Concello incorporará progresivamente os trámites e procedementos administrativos á tramitación por via electrónica, o que permitirá pedir información, realizar consultas, formular solicitudes, emitir e recibir facturas, realizar pagos e outras xestións. O Concello habilitará o acceso ó rexistro telemático e un taboleiro de edictos electrónico nun prazo máximo de 12 meses. Outra das propostas aprobadas foi a composición dos consellos territoriais de Participación Cidadá das parroquias de Castro, Pedroso, Sedes e O Val, atendendo ó Regulamento de Participación Cidadá. Os representantes nestos organismos serán os seguintes: Consello Territorial de Castro.- Presidente: Jose Manuel Blanco. Vicepresidenta: Natalia Hermida. Vocais: Vicente Rivas, Pablo Villamar, Pablo Mauriz, Paloma González Cuevas, e Victor Méndez. Consello Territorial de Pedroso.- Presidente: Jose Manuel Blanco. Vicepresidente: Natalia Hermida. Vocais: Pablo Villamar, Vicente Rivas, Miguel Hermida, Angel Perfecto Castro, Marcos Lombao, Francisco Javier Carrasco, e Angel López. Consello Territorial de Sedes.- Presidente: Jose Manuel Blanco. Vicepresidenta: Natalia Hermida. Vocais: Pablo Villamar, Serafin González, Vicente Rivas, Manuel Ramos, Nicolás Vellón, Mª do Pilar Pol, e Xose Manuel Vales. Consello Territorial de O Val.- Presidente: Jose Manuel Blanco. Vicepresidenta: Natalia Hermida. Vocais: Pablo Villamar, Vicente Rivas, Carlos Ramil, Mª del Mar Gómez, Julio Calvo, Francisco Javier Aneiros, Jose Manuel Rodríguez, Juan Manuel Pereira, e Beatriz Pita. Dentro da orde do día de hoxe, tamén foi leida unha Declaración Institucional de apoio ós traballadores de Poligal, consensuada por tódolos grupos políticos. A totalidade dos portavoces municipais refrendaron o seu compromiso coa plantilla desta empresa, que hoxe manifestábase ás portas do Concello e agradecía o apoio recabado nos políticos municipais. No apartado de mocións, foron debatidas un total de cuatro. Dous delas tiveron como tema central o Decreto do idioma galego no ensino. Na primeira delas, o BNG insta á Xunta de Galicia a retirar o borrador do novo Decreto sobre o uso das linguas vehiculares no ensino, e solicítalle o cumprimento da normalización da lingua galega en tódolos planos da vida público, ademáis de pedir unha volta ó consenso político e social que establece a Lei de Normalización Lingüística do ano 2007. A moción foi aprobada cos votos a favor de TEGA, BNG e PSOE, mentres que o PP votou en contra da mesma. A segunda moción sobre o idioma foi presentada polo PSOE e solicita a creación de medidas de protección da lingua galega e a presentación dun plan de aprendizaxe de linguas extranxeiras factible e riguroso. Foi aprobada por maioría, coa abstención do PP. O grupo municipal do PP presentou outra moción sobre subvencións da Televisión Dixital Terrestre (TDT) solicitando que o Concello inste ó Ministerio de Industria a abrir unha liña de axudas ás familias con menos recursos para acceder á sinal da TDT, a través de aparatos decodificadores. A moción foi aprobada por maioría, coa abstención do PSOE. O apagón analóxico terá lugar en Narón o vindeiro luns 1 de Febreiro. Os socialistas presentaron outra moción sobre o proxecto definitivo de mellora da Estrada de Cedeira, instando á Xunta a remitir o documento definitivo ó Concello, logo de ter recollidas as demandas municipais. A proposta foi aprobada cos votos a favor de TEGA, BNG e PSOE e a abstención do PP. A Corporación Municipal aprobou tamén a dimisión do concelleiro do PP Carlos Díaz Ramil, que abandona a sua acta por motivos de tipo persoal e laboral. O Pleno agradeceulle os servizos prestados ó frente á Concellería de Obras e solicitouse da Xunta Electoral Central a expedición da credencial do seguinte membro da lista da candidatura do PP, Rafael Rivas, que ocupou o posto nº6 nas últimas eleccións municipais.

<<< Outubro 2022 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17 18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
www.naron.es