Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO ABRIRÁ O 1 DE MARZO O PRAZO DE MATRÍCULA NAS TRES ESCOLAS INFANTÍS MUNICIPAIS
A concelleira de Ensino, Mercedes Taibo, anunciou que o prazo permanecerá aberto ata o 21 de marzo, incluído
Narón, 27 de febreiro de 2022. A concelleira de Ensino, Mercedes Taibo, anunciou que o vindeiro martes, día 1 de marzo, abrirá o prazo de matrícula nas tres escolas infantís municipais (A Solaina, A Gándara e Piñeiros. As tramitacións, que tal e como indicou se poderán realizar ata o 21 de marzo (incluído) deben realizarse no Concello, a través do Rexistro municipal –de luns a venres de 8.30 a 13.30 horas- ou na Sede Electrónica do Concello. A edil naronesa recordou que o Concello dispón da páxina web: buscocole.naron.es, unha ferramenta municipal en donde se ofrece información sobre todos os centros educativos –públicos e concertados- de referencia na cidade, en función dos domicilios e idades dos menores. Unha vez realizadas as reservas de praza –cuxo prazo remata mañá luns- para o alumnado que xa estea matriculado nas escolas infantís municipais, determinarase o número de vacantes que quedarían para os menores en función da súa idade en cada unha delas. Os centros da Solaina, A Gándara e Piñeiros ofrecen servizo de madrugadores, almorzo, comedor, sestas e merenda.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal