Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO ILUMINARÁ A GLORIETA DE FREIXEIRO DE COR AMARELA NA NOITE DO VINDEIRO LUNS CON MOTIVO DO DÍA DA ENDOMETRIOSE
O Consistorio súmase á petición da Asociación querENDO mulleres con endometriose para dar visibilidade a esta enfermidade
Narón, 11 de marzo de 2022. O Concello iluminará de cor amarela na noite do vindeiro luns, día 14, a glorieta de Freixeiro con motivo do Día da Endometriose. O Consistorio súmase con esta iniciativa á petición da Asociación querENDO mulleres con endometriose de dar visibilidade a esta enfermidade. A citada asociación, de ámbito galego, creouse no ano 2015 e ten entre os seus obxectivos contribuír á axuda física, psicolóxica e educativa das mulleres afectadas por endometriose e as súas familias, independentemente do grao ou estadío da súa doenza, tal e como aseguran. Así mesmo, o colectivo aposta por desenvolver todas as actividades sociosanitarias que sexan precisas para dar a coñecer esta doenza, contribuíndo ao seu diagnóstico precoz e evitando no posible o deterioro da calidade de vida das persoas que a padecen.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal