Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO ADHERIUSE Á CAMPAÑA DE WWF ESPAÑA "LA HORA DEL PLANETA"
A rotonda de Freixeiro quedará sen iluminación mañá entre as 20.30 e as 21.30 horas, tal e como se promove a través desta campaña, aberta á participación da cidadanía en xeral
Narón, 25 de marzo de 2022. O Concello de Narón adheriuse a "La Hora del Planeta 2022", unha iniciativa de WWF España coa que administracións, empresas e particulares movilízanse para apoiar accións contra o cambio climático e a favor da natureza, apagando o alumeado de edificios, monumentos, vivendas... A alcaldesa, Marián Ferreiro avanzou que na xornada na que se conmemora La Hora del Planeta, mañá, o Concello apagará as luces da glorieta de Freixeiro no horario establecido, entre as 20.30 e as 21.30. Durante esa hora apagaranse as luces en varias zonas do mundo para reclamar unha maior ambición e accións urxentes co fin de deter e revertir a perda da natureza para o ano 2030. A organización incide en que o cambio climático e a perda da natureza combinadas poñen en perigo a nosa calidade de vida e a das xeracións futuras. Dende o Concello anímase á cidadanía a sumarse o vindeiro sábado á campaña “La Hora del Planeta 2022” para aforrar enerxía e respaldar este tipo de accións a favor do clima, apagando as luces entre as 20.30 e as 21.30 horas.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal