Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
RECOLLIDAS CINCO TONELADAS DE AXUDA HUMANITARIA PARA ENTREGAR Á POBOACIÓN DE UCRAÍNA
O Concello agradece a colaboración de todas as persoas que puideron realizar doazóns, así como dos Centros Comunitarios das Vivendas da Mariña e Manuela Pérez Sequeiros, donde se recollían, e do Centro de Recursos Solidarios, donde tamén se almacenaron e clasificaron
Narón, 25 de marzo de 2022. Persoal do Centro de Recursos Solidarios de Narón trasladará hoxe ao almacén central da asociación AGA-Ucraína, na Coruña, tres toneladas de produtos de primeira necesidade para enviar á poboación de Ucraína. Todos eses produtos foron doados por particulares e empresas ata o pasado 18 de marzo, a través dunha campaña impulsada conxuntamente polo Concello de Narón e o Centro de Recursos Solidarios de Narón e na que, en conxunto, se recolleron algo máis de cinco toneladas de produtos (5.096, 50 quilos). Dende o Concello de Narón agradécese publicamente a colaboración de todas as persoas que puideron doar alimentos, roupa e outro tipo de produtos que se requeriron para axudar á poboación ucraína. Así mesmo, agradeceuse a implicación e colaboración dos Centros Comunitarios das Vivendas da Mariña e Manuela Pérez Sequeiros, donde se centralizou a recollida, a maiores do Centro de Recursos Solidarios, instalacións estas últimas donde se clasificaron e empaquetaron as doazóns para trasladalas por estrada. Roupa de abrigo (térmica), mantas, comida (conservas, precociñados, leite en pó e comida para bebés…), e tamén sacos de durmir, colchonetas, produtos de hixiene persoal, mantas, kits de costura, servilletas húmidas, lanternas, mecheiros, tendas de campaña… e medicamentos (alcohol, auga osixenada, antisépticos, gasas, suero fisiolóxico, esparadrapo, tiritas, máscaras, luvas de látex ou vinilo..) forman parte do material doado.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal