Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO INSTALOU A PASADA SEMANA DOUS RADARES PEDAGÓXICOS NAS INMEDIACIÓNS DO COLEXIO DE PIÑEIROS
A alcaldesa, Marián Ferreiro, subliñou a importancia destes dispositivos, que se instalan cunha finalidade informativa e para concienciar da importancia da seguridade viaria
Narón, 28 de marzo de 2022. Dous radares pedagóxicos ou educativos comezaron a funcionar o pasado venres nas inmediacións do colexio de Piñeiros. Así o anunciou a alcaldesa, Marián Ferreiro, que explicou que se trata de “dispositivos de seguridade viaria a través dos que se aposta por evitar excesos de velocidade informando aos condutores que transitan pola zona”. Os radares, que funcionan con enerxía solar, están ubicados no tramo comprendido entre o colexio de Piñeiros e a residencia Nuestra Señora de los Desamparados, un en cada sentido de circulación. Nos paneis dos radares, ao paso dos vehículos, amósase a velocidade á que circulan e tamén unha mensaxe. Ao tratarse neste caso dun tramo limitado a 50 quilómetros por hora, se a velocidade non supera os 40 pódese ler o texto “velocidade axeitada”, en 50 aparece “precaución”, de 50 a 60 quilómetros por hora “modere a velocidade” e se supera os 60 alerta de “velocidade excesiva”, amosando un emoticono cunha cara enfadada de cor vermella. “Estes dispositivos tratan de concienciar aos condutores da importancia de circular a unha velocidade axeitada en cada caso, polo que teñen tamén un papel educativo e unha función meramente informativa”, apuntou a rexedora local. Os radares pedagóxicos estarán instalados unha tempada na actual ubicación, se ben se poden cambiar a outros puntos da cidade nos que se considere oportuno. “As zonas máis indicadas para instalalos son aquelas de maior afluencia de persoas e vehículos, neste caso un centro de ensino da cidade”, apuntou. Entre as vantaxes e prestacións destes radares, segundo explicou Ferreiro, está tamén o feito de que levan incorporado un software no que se almacenan unha serie de datos “de especial interese para poder analízalos e estudar o comportamento dos condutores e da circulación en xeral en tramos concretos”. Deste xeito, a través da “función aforador”, almacénase o número de vehículos que pasan, determinando se son lixeiros ou pesados, a velocidade á que circulan, o día e a hora, gravando e gardando esa información. “Dende o goberno local consideramos prioritaria a seguridade viaria e, neste caso, a través dun sistema que evita outras medidas máis agresivas como as bandas sonoras, informando e concienciando aos condutores da importancia de circular á velocidade axeitada en cada tramo”, subliñou Ferreiro.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal