Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A ALCALDESA ANUNCIOU A LICITACIÓN ESTE ANO DA AMPLIACIÓN DA REDE DE SANEAMENTO EN SEDES CUN INVESTIMENTO DUNS 530.000 EUROS
Marián Ferreiro presidiu a convocatoria do Consello de Administración de Cosma celebrado este mediodía no Concello
Narón, 30 de marzo de 2022. O Concello acolleu este mediodía, ás 13.00 horas, a reunión do Consello de Administración da empresa Cosma. A alcaldesa e presidenta da compañía, Marián Ferreiro, presidiu a convocatoria, na que participaron, entre outros, o Director de Delegación de Aqualia, Francisco Javier García Linares, o xerente de Cosma, José Manuel Marcote, o concelleiro de Servizos, Ibán Santalla, os portavoces do PSOE, David Pita; PP, Germán Castrillón, e BNG, Olaia Ledo, e o Secretario xeral do Concello, Alfonso de Prado. Trala reunión a alcaldesa anunciou a licitación, este mesmo ano, da ampliación da rede de saneamento na parroquia de Sedes (Salgueiral), un investimento de preto de 530.000 euros. Ferreiro indicou que a obra de ampliación da rede de saneamento proxectada en Sedes permitirá recoller os verquidos das viviendas ubicadas nos núcleos poboacionais de Salgueiral, Sabín e Barreiros e tamén conectar esta ampliación coa rede de saneamento que xa está operativa na estrada provincial DP-5404 (estrada do Trece). Os traballos inclúen a instalación de tres estacións de bombeo e 2.480 metros de colectores de saneamento. “En conxunto poderanse recoller os verquidos dunhas 75 vivendas localizadas nos tres lugares indicados, Salgueiral, Sabín e Barreiros”. “Os traballos proxectados en Sedes súmanse a outros do plan de investimentos en execución do ano pasado, no que se inclúen a renovación da rede de saneamento na estrada do Trece, donde se retirou a canalización de fibrocemento existente na zona de Malde Vizoso e Pena Parda e se instalou un grupo de presión para o abastecemento do núcleo de Ferrerías”, explicou a alcaldesa. Así mesmo, indicou, “ampliouse a rede de saneamento na zona de Outeiro, na parroquia do Val, para dar servizo a un centenar de vivendas, e tamén se instalou o sistema de telelectura de contadores, renovando preto de 2.000 nas zonas con maior número de contadores interiores e de difícil acceso para os lectores de Cosma e coa previsión de dispor a finais deste ano dun 13% do parque de contadores da cidade con este sistema de telelectura”. A alcaldesa destacou que “entre o ano pasado e este ano, dende Cosma realizarase un investimento de algo máis de 1,4 millóns de euros, unha contía coa que seguimos ampliando a rede de saneamento na zona rural da cidade e reforzamos a rede de abastecemento tamén no rural, dous servizos moi necesarios e para os que continuaremos destinando importantes investimentos nos vindeiros meses”. No transcurso da convocatoria de hoxe presentouse tamén o informe da Xerencia de Cosma e as contas anuais da compañía, cun padrón de 20.125 clientes con abastecemento e/ou saneamento.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal