Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O RECINTO FEIRAL DO TRECE ACOLLERÁ A FEIRA DE MAQUINARIA AGRÍCOLA E ARBORES FROITEIRAS E ORNAMENTAIS
Se celebra en Sedes os días 13 e 14 de marzo.
Narón, 23 de Febreiro de 2010.- A Concelleira de Feiras e Mercados de Narón, Mª del Mar Gómez, presentou hoxe en rolda de prensa a primeira Feira de Maquinaria Agrícola e Arbores Froiteiras e Ornamentais, que se celebrará no Recinto Feiral do Trece (Sedes) os días 13 e 14 de marzo. Este evento está organizado pola empresa Sedega, e conta co patrocinio do Concello de Narón. A organización disporá dun espazo total de 1.836 metros cadrados destinados a exposición, divididos entre 836 m2 de interior e 1.000 m2 de exterior. Alí se amosarán os aparellos agrícolas e as árbores dos expositores, que non deberán superar en número os vinte, xa que disporán de espazos de entre 20m2 e 80 m2 de superficie cada un deles. O programa da Feira contempla a exposición da maquinaria agrícola o sábado, e o domingo será o turno das árbores froiteiras e ornamentais. Nesta 1ª edición da Feira de Maquinaria Agrícola e Arbores Froiteiras e Ornamentais se exporá fundamentalmente maquinaria de xardinería, agrícola, e forestal. Tamén árbores frutais e outras variedades ornamentais autóctonas . Ademáis, a organización ofrecerá servizos de gardarroupa, información, ludoteca e ambigú para os visitantes. O programa desta feira é o seguinte: SABADO 13 DE MARZO.- Feira da Maquinaria De 11 a 14 horas: -Pregón do Alcalde de Narón, Jose Manuel Blanco. -Mostra audiovisual. -Mostra de uso de maquinaria: compostadora. -Exposicións de maquinaria agrícola. De 16 a 20 horas: -Mostra audiovisual. -Mostra de uso de maquinaria. -Expositores de maquinaria. -Exhibición de Motoserras: Still. DOMINGO 14 DE MARZO.- Feira de árbores autóctonas e ornamentais De 11 a 14 horas: -Mostra audiovisual. -Taller de poda: consellos e prácticas. -Expositores de árbores froiteiras e ornamentais. Ademáis, na feira sortearanse unha motoserra e 5 lotes de útiles de poda. A Concelleira de Feiras e Mercados de Narón, Mª del Mar Gómez, comentou ó respecto que con esta feira se estrenarán as novas instalacións do Recinto Feiral do Trece, recentemente inaugurado. “Dende o Concello estamos a darlle un cambio de imaxe a esta superficie, ampliando o tipo de actividades e de feiras que alí se realizan”. A edila convidou a tódolos veciños/as de Narón e bisbarra a visitar esta feira, na que participarán expositores de tódala comarca e mesmo doutros municipios da provincia de Lugo, segundo comentou o responsable de Sedega, Alberto Casal.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal