Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O PAZO ACOLLERÁ ESTE SÁBADO O ESPECTÁCULO TEATRAL "RIF (DE PIOJOS Y GAS MOSTAZA)"
As entradas están á venda no despacho de billetes do Pazo e na web do Padroado da Cultura
Narón, 20 de abril de 2022. O Pazo da Cultura acollerá este sábado, día 23, a representación da peza de teatro contemporáneo “RIF (de piojos y gas mostaza)”, da compañía Micomicón. A cita será ás 20.00 horas e as entradas poden adquirirse no despacho de billetes do Pazo ou na web do Padroado da Cultura: www.padroadodecultura.es a un prezo de 12 euros para o público xeral e de 8,40 para abonados, desempregados e persoas con carné xove ou de estudante (ata 25 anos). Os protagonistas desta peza son tres soldados do exército español que se atopan nas terras do RIF tralo Desastre Annual do 21 de xullo de 1921. Eles representan aos milleiros de mozos españois arrincados dos seus fogares e tamén aos milleiros de fifeños que se viron obrigados a loitar no lado español para mitigar a súa fame e miseria. A través das súas historias e vivencias percorrerán lugares tristemente míticos, desfilando ante o público personaxes clave das guerras. Laila Ripoll e Mariano Llorente son os autores desta peza, dirixida e adaptada por Ripoll e de aproximadamente dúas horas de duración.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal