Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
PRESENTACION DOS ACTOS DO DIA INTERNACIONAL DAS MULLERES
Ó longo do mes de marzo se levarán a cabo diferentes actividades, como a inauguración do monumento á muller, e exposicións e conferencias.
Narón, 1 de Marzo de 2010.- O Alcalde de Narón, Jose Manuel Blanco, e a Concelleira de Igualdade, Mª del Carmen Espada, presentaron hoxe en rolda de prensa os actos conmemorativos do Dia Internacional das Mulleres, que se desenvolverán en Narón ó longo deste mes de marzo. O día 8 de marzo, data na que se conmemora o Dia Internacional da Muller, se inaugurará ás 12:00 horas o monumento á muller, que se instalará estos días na Praza da Gándara. Trátase dunha escultura do artista barcelonés David Pérez Marín, gañador do concurso de ideas para a elaboración desta escultura, que contou cun total de 37 participantes. Nese mesmo acto, o Alcalde dará lectura á Declaración Institucional sobre a Muller, ratificada por unanimidade no pleno do mes de febreiro. Na mesma data se celebrará un concerto musical a cargo de Olga Román, ás 20:30 horas, no Pazo da Cultura. O prezo das entradas é de 5 euros. As actividades continúan o 9 de marzo coas II Xornadas de xénero e desenvolvemento “Convivindo en equidade”, que se levarán a cabo a partires das 20:00 horas no café-teatro do Pazo da Cultura. Están organizadas pola Rede Social Ferrolterra, formada por Axuda en Acción, Enxeñería sen fronteiras, a asociación cultural Fuco Buxán, a ONG Lena, Mundo Cooperante, e Solidaridade Internacional da Galicia. Ademáis, cóntase coa colaboración da Escola de Teatro de Narón, Homes pola Igualdade, e a Marcha Mundial das Mulleres. Para o fin de semana do 13 e 14 de marzo está prevista a exposición de artes e oficios de mulleres, da que unha porcentaxe das súas vendas destinarase a unha ONG. Ó mesmo que o monumento á muller, a mostra se instalará na Praza da Gándara. O programa de actos continúa coa celebración da tradicional Cea da Muller, que terá lugar o dia 26 de marzo ás 21:30 horas no restaurante Casa Becerra, en San Xiao. As entradas poderán adquirise nas asociacións de mulleres de Narón e no Servizo Sociocomunitario Municipal, ó prezo de 23 euros. Finalmente, a programación rematará coa celebración do Foro de Cidadás, o dia 31 de marzo, baixo o título “Muller e saúde: ximnasia pélvica e nordic walking”, a cargo dunha fisioterapeuta e dunha diplomada en Pilates. Será ás 17:00 horas na Biblioteca Municipal. A Concelleira de Igualdade, Mª del Carmen Espada, animou a tódalas mulleres de Narón a participar nestas actividades. Pola súa banda, o Alcalde de Narón, Jose Manuel Blanco, destacou a implicación do Concello con todas estas iniciativas e sinalou a importancia de que outras entidades coma ong’s ou asociacións implíquense tamén no fomento das políticas de igualdade de xénero.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal