Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
APERTURA DO PRAZO DE INSCRICIÓN NO OBRADOIRO "DEBUXAR TEXTOS E LER DEBUXOS CON FLORENCIO DELGADO"
A actividade diríxese a persoas de todas as idades e desenvolverase o vindeiro sábado, día 28, na Biblioteca municipal, tal e como indicou a edil responsable da área, Mercedes Taibo
Narón, 24 de maio de 2022. A Biblioteca municipal abre esta tarde, ás 16.00 horas, o prazo de inscrición no obradoiro “Debuxar textos e ler debuxos con Florencio Delgado”, dirixido a público infantil (a partir de 6 anos), xuvenil e adulto e que impartirá Sheila García. A edil responsable da área de Bibliotecas, Mercedes Taibo, indicou que a actividade se levará a cabo este sábado ás 11.00 horas nas instalacións da Biblioteca municipal. Os poemas de Florencio Delgado e a técnica dos caligramas permitirán descubrir aos participantes a importancia das artes como medio de expresión. Cada persoa deseñará a súa propia bolsa de tea, contribuíndo á sensibilización ambiental e á creación de conciencia en materia medioambiental entre os menores. A proposta enmárcase no programa de actividades deseñado dende o consistorio para homenaxear a figura do autor valdeorrés Florencio Delgado Gurriarán, a quen este ano se adicou o Día das Letras Galegas. Para poder asistir é preciso apuntarse dende hoxe ás 16.00 horas –ata esgotar prazas- de xeito presencial na Biblioteca ou chamando ao número de teléfono 981 382 173 no horario de apertura.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal