Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
EXHIBICIÓNS DE BAILE, MÚSICA, PATINAXE, CONTACONTOS E SORTEO DE AGASALLOS CENTRAN O PROGRAMA ANIMA RÚA
O edil de Promoción Económica, David Pita, recordou que o acto central do programa terá lugar este sábado, día 28, na Praza da Gándara
Narón, 26 de maio de 2022. Preto dun centenar de establecementos comerciais da cidade continúan sorteando agasallos a través do programa Anima Rúa, organizado polo Concello en colaboración coa Asociación de Comerciantes de Narón. Dende o pasado luns e ata mañá entregarán cada día 90 paraugas –un por establecemento adherido á ACN- entre as persoas que realicen as súas compras nestes locais, debidamente identificados. A maiores, con esas rifas, a clientela terá a oportunidade de participar no sorteo de catro vales de experiencias –valorados en 250 euros cada un- que se sortearán este sábado, día 28, no acto central deste programa, que se desenvolverá a partir das 12.00 horas na Praza da Gándara, tal e como recordou o edil de Promoción Económica, David Pita. A proposta enmárcase na campaña municipal “Merca en Narón. Facemos cidade” e inclúe ao longo da mañá e tarde do sábado varias exhibicións de baile, patinaxe, musicais, concertos e contacontos, dirixidos a persoas de todas as idades. Ás 12.00 e ás 13.15 horas alumnado das academias de baile All Dance e CompArte realizará exhibicións e ás 13.45 comezará o concerto de Ainai (tributo a Bob Marley), para continuar ás 14.15 cun concerto de Isma Taboada. A música seguirá pola tarde, ás 15.00 horas co contacontos musicado de Música Miúda, e ás 15.45 horas con RockSchool. Ás 17.15 horas terá lugar unha exhibición do club de patinaxe CPAX Eiriz e ás 17.45 outra da academia de música 2Plicas. O sorteo dos vales de experiencias –tres, debido a que un se entregará a través das redes sociais- será ás 18.45 horas. As persoas que desexen consultar toda a información poden facelo a través da web: www.comerciodenaron.com

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal