Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A ALCALDESA RECIBIU A UN GRUPO DE ESCOLARES DO CEIP DA SOLAINA QUE PARTICIPARON HOXE NA ACTIVIDADE "COÑECEMENTO DO CONCELLO"
Marián Ferreiro respostou a unha gran variedade de preguntas sobre temas profesionais e persoais que lle formularon as nenas e nenos
Narón, 30 de maio de 2022. Unha vintena de escolares do CEIP da Solaina, de sexto curso de Infantil, visitaron esta mañá o Concello, donde se reuniron coa alcaldesa, Marián Ferreiro, no salón de plenos. Os menores ocuparon os asientos das concelleiras e concelleiros da corporación local para dirixirse á rexedora local, á que lle formularon diversas preguntas. A iniciativa forma parte do apartado de “Coñecemento do Concello”, do Programa de Recursos Educativos de Apoio á Escola. En que consiste o seu traballo, se lle gusta, se pensou algún día en ser alcaldesa, se lle gustan as nenas e nenos… e outras cuestións relacionadas coa súa faceta tanto profesional como persoal foron respostadas pola alcaldesa, que tamén lles preguntou algunhas ideas para o Narón do futuro. As nenas e nenos tiveron a oportunidade, acompañados por docentes do centro, de ver o vídeo “Nara de Narón”, no que se explican os principais puntos da historia da cidade e se realiza un percorrido polas instalacións e elementos culturais e patrimoniais máis coñecidos en cada unha das parroquias. A abella “Nara” e un explorador guían aos menores durante a súa estancia no Concello, donde tamén realizan un crebacabezas sobre a cidade. A alcaldesa entregoulles como agasallo unha gorra e un exemplar do libro “Narón pinta ben”, no que poderán colorear diferentes espazos de Narón. Antes de abandonar o Consistorio de regreso ás aulas, sacaron unha fotografía con Ferreiro para recordar a visita e outra no photocall “Ti es a abella Nara”.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal