Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO E A AVV "ALTEA" DE XUVIA ORGANIZAN UNHA NOVA EDICIÓN DA ALTEADA
A edil de Festas, Natalia Hermida, e o concelleiro de Promoción Económica, David Pita, presentaron o evento con Patricia Romero, vogal da AVV "Altea" da parroquia de Xuvia
Narón, 21 de xuño de 2022. A parroquia de Xuvia acollerá o vindeiro 3 de xullo unha nova edición da Alteada, que inclúe a cuarta edición da Festa da ameixa rubia. A edil de Festas, Natalia Hermida, e o concelleiro de Promoción Económica, David Pita, presentaron o evento esta mañá no Concello xunto con Patricia Romero, vogal da citada asociación. O paseo marítimo de Xuvia é o lugar no que se desenvolverá esta xornada gastronómica, cun programa que inclúe diferentes propostas que se desevolverán ao longo da tarde. Así o anunciaron hoxe dende a organización, indicando que o menú da Alteada, que se comezará a servir ás 15.00 horas, será a base de ameixa rubia mariñeira –cociñaranse cen quilos-, churrasco, sobremesa, café e bebidas a prezos populares e de balde para menores de 12 anos. As persoas interesadas en asistir poden adquirir os boletos do xantar na cafetería da AVV Altea dende hoxe ou chamando ao número de teléfono 981 393 561. En total venderanse 250 tickets, polo que dende a entidade veciñal destacaron a importancia de, no caso de acudir en grupos, indícalo no momento de mercalos para poder colocar á xente na mesma mesa no caso de que así o desexen, reservando espazos. Antes do xantar, de 13.00 a 15.00 horas terá lugar a sesión vermú e pola tarde haberá unha festa infantil e de 16.00 a 18.00 xogos tradicionais, para continuar a programación ás 18.00 co músico Paco Nogueiras. Finalmente, ás 19.00 horas será a tradicional festa da escuma. “É moi importante concienciar á xente dos recursos que temos ao redor e por iso é fundamental a colaboración do Concello, mantendo esta convocatoria”, asegurou Patricia Romero, que destacou a importancia de “manter a ría en bo estado e exaltar o produto local”. Dende o Concello, destacaron o traballo que a entidade veciñal de Xuvia realiza para retomar esta festa gastronómica e animaron ás veciñas e veciños de Narón e doutros concellos a acudir á cita gastronómica e tamén aos eventos que de forma paralela se sucederán durante a xornada.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal