Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO ABRIRÁ MAÑÁ O PRAZO DE INSCRICIÓN NUN CURSO DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS E MEDIO AMBIENTE NO NAVAL
A edil de Formación, Natalia Hermida, avanzou que se ofertan vinte prazas e recordou que tamén quedan vacantes para a acción formativa de Fontanería
Narón, 18 de xullo de 2022. O Concello abrirá mañá o prazo de inscrición nun curso de Prevención de riscos laborais e Medio Ambiente no sector naval. A convocatoria, tal e como indicou a concelleira de Formación, Natalia Hermida, diríxese a persoas maiores de 18 anos, desempregadas e empadroadas no Concello de Narón e as solicitudes poden presentarse dende mañá ás 8.30 horas ata o 27 de xullo ás 13.00 horas no Rexistro Xeral do Concello, na Sede Electrónica, ou a través os restantes medios contemplados no artigo 16.4 da Lei 39/2015 do 1 de outubro do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas. En total ofértanse vinte prazas –que se cubrirán por rigorosa orde de inscrición- e o curso terá unha duración de 16 horas e, a maiores, quince de módulos adicionais. As clases terán lugar no Centro Municipal de Formación Irmás Froilaz, na Gándara, do 3 ao 11 de agosto de luns a venres en horario de mañá. Os temas a abordar serán Conceptos básicos sobre seguridade laboral, Riscos de seguridade ligados á área de traballo e ao ambiente de traballo, Equipos de protección persoal, Ergonomía: manexo de materiais e cargas, Riscos específicos do sector naval, Almacenamento de substancias, Segregación de residuos, Actuacións ante derrames incidentais e Requisitos legais que afectan á nosa actividade, entre outros. Na Sede Electrónica do Concello publicarase o listado provisional de persoas admitidas, suplentes e excluídas e o alumnado seleccionado será informado telefonicamente da súa admisión. Así mesmo, a edil de Formación recordou que aínda quedan vacantes para anotarse ao curso de Fontanería, de 450 horas máis 15 de módulos adicionais, que se impartirá do 1 de agosto ao 15 de setembro no Centro Municipal de Formación Irmás Froilaz e nas instalacións das empresas colaboradoras en prácticas. As persoas interesadas en obter máis información sobre estas accións do Programa Municipal de Formación poden consultar a páxina web do Concello, a Sede Electrónica de Narón ou dirixirse ao Servizo Sociocomunitario Municipal, chamando ao teléfono 981 337 700 (extensións: 1108 e 1109).

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal