Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A ALCALDESA ABORDOU CO DELEGADO DO GOBERNO EN GALICIA A EXCLUSIÓN DE NARÓN DO CONVENIO DE TRANSICIÓN XUSTA DE AS PONTES E A PROBLEMÁTICA DAS VIVENDAS DA SAREB EN PIÑEIROS
Marián Ferreiro plantexoulle a José Manuel Miñones varias problemáticas que afectan ao sector empresarial e a veciñanza da cidade
Narón, 19 de xullo de 2022. A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, reuniuse na tarde de onte na Coruña co delegado do Goberno en Galicia, José Manuel Miñones e Nuria Llamas, axente de Transición en Galicia. Na xuntanza abordaron varios asuntos relacionados coa cidade, entre eles, a necesidade de que Narón poida optar ás axudas ás liñas empresariais que se concederán no marco do convenio de transición xusta para As Pontes ante o posible peche da térmica. Ferreiro incidiu en que na actualidade Narón se atopa nunha situación de desigualdade fronte a outras localidades tamén afectadas polo anunciado peche no caso de materializarse e defendeu o tecido empresarial de Narón, motor económico da comarca de Ferrolterra e que tamén sufrirá os graves efectos dese posible peche da central de As Pontes. Sobre este asunto, o delegado do Goberno en Galicia avanzou que se abrirá unha nova liña de axudas dirixidas ao sector empresarial e garantiu que os empresarios e empresarias de Narón tamén poderán optar a elas. Co fin de abordar a situación máis polo miúdo Miñones ofreceu a posta a disposición de persoal técnico para poder aclarar posibles dúbidas ao respecto. O delegado do Goberno comprometeuse tamén ante a alcaldesa a desprazarse á cidade este mesmo mes, decisión que Ferreiro lle agradeceu de antemán. Así mesmo, outra das problemáticas sobre as que falaron onte foi a situación que afronta unha quincena de familias de Piñeiros afectadas por unha orde de desahucio –paralizada provisionalmente polo Xulgado- do inmoble no que residen e alugaron vivendas descoñecendo que estaban embargadas e pasaron á Sareb, das que manteñen ao día o pago das cuotas. Ferreiro solicitou a intermediación de Miñones para acadar unha solución satisfactoria para as persoas afectadas, con contratos de aluguer en vigor a nome de diferentes sociedades en cada caso. En materia de infraestruturas a alcaldesa de Narón tamén solicitou a apertura da conexión da rúa Pontedeume coa FE-11, para dar maior fluidez ao tráfico rodado na zona e mellorar ao tempo as comunicacións nese núcleo poboacional da zona urbana. Así mesmo, solicitou outras actuacións en materia de seguridade viaria. “Foi unha reunión moi productiva en canto aos plantexamentos realizados e na que o delegado do Goberno se amosou moi receptivo para tomar nota das problemáticas que plantexamos e que confiamos en que se poidan solventar porque afectan directamente ás nosas veciñas e veciños”, subliñou Ferreiro.

<<< Outubro 2022 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17 18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
www.naron.es