Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
CONCENTRACIÓN MAÑÁ ANTE O CONCELLO EN DEFENSA DO SERVIZO DE TRANSPORTE PÚBLICO DE VIAXEIROS
A cita levarase a cabo de xeito simultáneo noutros concellos da comarca, tal e como indicou a edil de Transporte Público, Mar Gómez
Narón, 19 de xullo de 2022. O Concello de Narón, xunto cos de A Capela, As Pontes, Ares, Cabanas, Fene, Ferrol, Miño, Monfero, Neda e Pontedeume, convoca unha concentración para a xornada de mañá mércores, ás 20.30 horas, que se celebrará de xeito simultáneo diante dos respectivos Concellos. No acto, tal e como se avanzou, procederase a ler un manifesto. A través desta concentración instarase á Xunta a atender as reivindicacións das usuarias e usuarios deste servizo, que acumula unha serie de deficiencias, como a supresión de rutas e frecuencias, incumprimento e supresión de horarios, carencia de reforzos nas paradas con máis demanda, etc. Dende o Concello de Narón a concelleira de Transporte Público, Mar Gómez, realizou un chamamento á cidadanía en xeral para que se sume a esta concentración e urxir as melloras que require o servizo para atender ás necesidades das usuarias e usuarios de cada localidade.

<<< Outubro 2022 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17 18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
www.naron.es