Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
DOUS NOVOS FILMES DO CICLO "CINE DE VERÁN" E OS CONCERTOS DE XOUBAS E PABLO DÍAZ DO PROGRAMA "VERDE QUE TE QUERO VERDE" CENTRAN A PROGRAMACIÓN CULTURAL DESTA FIN DE SEMANA
O cine e a música forman parte das propostas municipais para a zona urbana e rural da cidade, en ambos casos con entrada de balde
Narón, 20 de xullo de 2022. A programación cultural desta fin de semana inclúe propostas de cine e música dirixidas a público familiar na zona urbana e rural da cidade. A continuación do programa do ciclo “Cine de Verán” inclúe dúas novas proxeccións, unha mañá xoves nas inmediacións do Centro Cívico Social do Val, donde se poderá ver o filme “Goomer” e outra o venres, cando se proxectará xunto ao Centro Cívico Social de Sedes “O Mago dubidoso”. En ambos casos a entrada é de balde. O ciclo está organizado a través do Padroado da Cultura de Narón e conta coa colaboración da Deputación da Coruña. “Goomer” é unha película que protagoniza un camioneiro intergaláctico que se verá obrigado a realizar unha aterraxe de emerxencia nun planeta que non coñece e que habitan personaxes moi curiosos e onde se está celebrando unha festa moi importante. No caso do filme “O mago dubidoso”, o protagonista é Bieito Dubidoso, un mago que naceu en Galicia, concretamente en Tui, e que vivirá numerosas aventuras. Uns piratas asaltan o barco de Pedro Cabaledo, o pai de Bieito, pero este último consegue que fuxan grazas aos seus trucos de maxia. Na xornada do domingo regresará de novo a música aos espazos verdes de Narón, concretamente o día 24 á rúa Mariña Española. Nesa data, ás 12.30 horas, darán comezo os dous últimos espectáculos incluídos na sexta edición do programa municipal “Verde que te quero verde”, organizado a través do Padroado da Cultura. A formación Xoubas interpretará varios temas ao ritmo do swing e o soul xamaicano e, a maiores, amenizará a xornada Pablo Díaz, un dos músicos máis recoñecidos da música infantil.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal