Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A AUTORA NARONESA MARÍA ISABEL RAMOS PRESENTARÁ O VINDEIRO MÉRCORES NA BIBLIOTECA O SU LIBRO "HASTA EL INFINITO Y MÁS ALLÁ"
A edil de Ensino e Bibliotecas, Mercedes Taibo, avanzou que a presentación terá lugar ás 19.00 horas na sala multiusos da Biblioteca
Narón, 30 de xullo de 2022. A escritora naronesa María Isabel Ramos Breijo presentará seu libro “Hasta el infinito y más allá” o vindeiro 3 de agosto na Biblioteca municipal. Así o anunciou a concelleira de Ensino e Bibliotecas, Mercedes Taibo, que indicou que o acto de presentación, que será aberto á asistencia da cidadanía en xeral –ata esgotar a capacidade da sala multiusos- terá lugar ás 19.00 horas. A autora comezou a publicar os seus primeiros relatos na revista “Amigos de la poesía y la literatura de Narón” e colaborou en obradoiros literarios como “Pluma encendida”. O seu novo libro, “Hasta el infinito y más allá”, recolle vinte e tres relatos curtos de temática diversa. Editado por Círculo Rojo, as ilustracións son de Dolores Breijo Santiago e Sabela Castrillón Ramos, nai e sobriña, respectivamente, da autora. O amor de Ramos Breijo pola literatura espertou na súa infancia coa lectura de obras de aventuras e os seus intereses foron mudando na súa xuventude cara á novela negra sueca de autores/as como Camilla Läckberg, Henning Mankell e Stieg Larsson.

<<< Outubro 2022 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17 18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
www.naron.es