Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CICLO "CINE DE VERÁN" REMATA ESTE XOVES EN XUVIA COA PROXECCIÓN DO FILME "OS CROODS 2: UNHA NOVA ERA"
A cita, organizada polo Padroado da Cultura en colaboración coa Deputación da Coruña, é de balde e dará comezo ás 22.30 horas
Narón, 1 de agosto de 2022. O ciclo Cine de Verán, organizado polo Padroado da Cultura de Narón en colaboración coa Deputación da Coruña, rematará este xoves coa proxección da película “Os Croods 2: Unha nova Era” en Xuvia. A cita dará comezo ás 22.30 horas na Praza do Colexio e a entrada será de balde. A proxección estaba prevista para o pasado 14 de xullo, se ben tivo que suspenderse debido ao mal tempo, polo que se retomará esta semana, tal e como indicaron dende o Padroado da Cultura. A primeira familia prehistórica, a dos Croods, protagoniza este filme, que ten entre os personaxes a unha rapaza, Eep, o seu pai Grup, cun carácter complicado, e a súa despistada nai, Ugga. Unha aventura de trogloditas, con máis personaxes da familia, que vivirá numerosas aventuras para amosar a súa vida dende que abandonaron a cova na que vivían ata atopar un lugar seguro para asentarse. Cando o atopan ven que está habitado por outra familia, os Masmenor, que os acollerán como convidados pero cos que terán unha relación complicada que terán que solventar. Numerosas veciñas e veciños da zona urbana e rural achegáronse durante o pasado mes de xullo a este ciclo de cine, unha das citas marcadas no calendario estival do Padroado da Cultura. Dende o pasado 7 de xullo, cada xoves e venres proxectáronse as diferentes películas, un total de oito, en espazos públicos da zona urbana e rural do municipio. A proposta forma parte dunha iniciativa impulsada a través do Padroado da Cultura para descentralizar as actividades culturais durante o verán, achegando neste caso a sétima arte á cidadanía. Os filmes programados durante este ano puideron verse na Gándara, na Solaina, no Alto, no Val, en Sedes, en San Xiao, San Mateo e, finalmente esta semana, en Xuvia.

<<< Outubro 2022 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17 18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
www.naron.es