Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
UNHA UNIDADE MÓBIL PARA A DOAZÓN DE SANGUE ESTARÁ O XOVES, VENRES E SÁBADO DA VINDEIRA SEMANA NA CIDADE
Antes de doar haberá que presentar ao persoal da unidade móbil a tarxeta de doazón, o DNI ou algún documento similar e informar no caso de estar tomando algún medicamento.
Narón, 10 de agosto de 2022. Unha unidade móbil da Axencia para a Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) desprazarase o xoves 18 de agosto, á cidade. O vehículo permanecerá estacionado xunto ao novo Centro de Saúde en horario de mañá e tarde, de 9.30 a 14.30 e dende as 15.30 ata as 21.00 horas. Na xornada do venres 19 a unidade móbil permanecerá estacionada na Solaina, Praza da Constitución, en horario de tarde dende as 15.30 ás 21.00 horas. Na xornada do sábado 20 a unidade móbil permanecerá estacionada a xunto ao Centro de Saúde en horario de mañá desde as 10.00 ata as 15.00 horas. Antes da doazón é preciso almorzar e no caso de xantar, deberanse agardar dúas horas para realizar a extracción. Antes de doar haberá que presentar ao persoal da unidade móbil a tarxeta de doazón, o DNI ou algún documento similar e informar no caso de que se estea tomando algún medicamento. Poden acudir a doar as persoas maiores de 18 anos e que pesen máis de 50 quilos.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal